O Club Deportivo Lugo gañou á Unión Deportiva Almería (4-2) na trixésimo sexta xornada de LaLiga 1|2|3. Os lucenses son decimonovenos con 40 puntos.
Os lucenses comezaron buscando a portería contraria. Os almerienses chegaban con certa facilidade a tres cuartos, pero sen excesiva profundidade ante un Lugo que sofría en defensa. No minuto 5, primeira opción para os lucenses cun pase en profundidade de Cristian Herrera cara Gerard Valentín, hoxe novamente extremo dereito, ao que Valentín non chegou. Valentín apareceu nesta xogada por zona adiantada no perfil esquerdo. Tres minutos despois, os lucenses volvían ter unha nova opción cun disparo de Eduard Campabadal que desviaba a defensa visitante. No minuto 11, primera alternativa do Almería cunha conducción do dianteiro Álvaro Giménez que foi blocaba na área lucense pola cobertura albivermella. E, no minuto 19, o Lugo inauguraba o marcador cun zurdazo axustado ao segundo pau de Gerard Valentín despois dun centro de dende banda esquerda de José Carlos Lazo que Manu Barreiro non controla e o balón cae ao extremo diestro tarraconense. Tralo gol, os lucenses seguían buscando a portería de René Román. Pero foi o Almería quen inquedou a portería lucense cunha xogada por banda dereita, José Antonio Romera chega a liña de fondo, centra, non atopa rematador e, despois dun rexeite, Iván Martos disparou dende fóra da área, pero desviou de puños Juan Carlos Martín, porteiro local. No minuto 39, José Carlos Lazo, desequilibrante coma de costume, realizaba unha xogada individual, mais o seu zurdazo foi excesivamente cruzado dende liña de fondo sen apenas ángulo. Segundo despois, empataba o Almería ao aproveitar Álvaro Giménez un erro de Eduard Campabadal cedendo o balón co peito a Juan Carlos. Pero, tamén segundos despois, o Lugo colocaba o 2-1 despois dunha xogada de Lazo, prolongada por Luis Ruiz, que centra e Manu Barreiro anotaba o seu segundo gol coa camiseta do Lugo atento no primeiro pau. Barreiro remata, o balón é rexeitado por René Román, porteiro visitante, e entra no segundo toque do compostelán.
Na segunda metade, o Almería buscou o empate no minuto 48 nunha xogada colectiva na que José Antonio Romera centrou, Álvaro Giménez rematou co peito e desviou a zaga lucense a saque de esquina. No minuto 53, xogada individual de Gerard Valentín, chega a liña de fondo, o seu centro non atopa rematador, pero continúa a xogada, centra Valentín, remata Manu Barreiro ao longueiro e Cristian Herrera, en boca de gol, anotou o 3-1 e o seu noveno tanto nesta liga. No minuto 60, o Almería puido reducir distancias despois dunha xogada de Chema Núñez, que asiste ao coruñés Juan Carlos Real, quen disparou (ou centrou) ao segundo pau, pero non colleu portería. Segundos despois, remate alto de Juan Carlos Real despois dun centro dende banda dereita de Luis Rioja. Tentábao Lazo na súa xogada característica de conducción e diagonal con disparo cun tiro que ataxaba con seguridade René Román. No minuto 72, centro de Luis Rioja, prolonga o ex albivermello Pablo Caballero e o cabezazo de Juan Carlos Real foi excesivamente suave ante Juan Carlos Martín. No minuto 80, cabezazo fóra de Miguel Vieira despois dunha falta indirecta botada por José Carlos Lazo. No minuto 81, Pablo Caballero, ex Club Deportivo Lugo, marcaba o 3-2 nun cabezazo fantástico despois dun centro de Iván Martos. Pero no minuto 85, José Carlos Lazo marcou cun zurdazo axustado despois dunha asistencia de Sergio Gil nun contragolpe lucense. É o sétimo gol de Lazo nesta liga. No minuto 90, centro de Juan Carlos Real que non remataban con contundencia nin Pablo Caballero nin Álvaro Giménez. No tempo engadido, centro de Iván Marcos que despexaba o Lugo a saque de esquina. sAsí se pechaba a vitoria dun Lugo que suma 40 puntos.
4667 espectadores acudiron ao estadio Ángel Carro.