A Vicepresidencia da Deputación de Lugo ofrece ao Concello de Lugo 50.000 euros para colaborar na organización do San Froilán 2026. A institución provincial propuxo esta colaboración directa en resposta a unha solicitude de colaboración institucional rexistrada polo Concello.
A deputada Iria Castro explicou que “o Concello fixo unha solicitude electrónica que respondemos esta mañá, comprometendo unha achega de 50.000 euros para a organización do San Froilán”
A resonsable provincial sinalou o “compromiso Vicepresidencia da Deputación coa actividade cultural na cidade de Lugo, cun apoio estable e continuado a grandes programacións culturais como a tempada de concertos da Sociedade Filarmónica, o Festival de Jazz ou a Semana do Cine, que reforzamos con esta achega directa para o San Froilán”
A deputada explicou que “a achega dobra o importe que viñan destinando outras institucións como a Xunta de Galicia á organización das festas, recoñecidas como as grandes festas do outono galego e como un escenario de promoción da nosa lingua e da nosa cultura”
A área de Cultura púxose a disposición do Concello para iniciar a redacción dun convenio interadministravo e axilizar os trámites necesarios para canalizar a achega, destinada a fomentar a presenza da cultural tradicional e uso da lingua galega na programación das festas
CENTRO SOCIOCULTURAL PACO PESTANA DE CASTROVERDE
O Centro Sociocultural Paco Pestana de Castroverde conta cun novo equipamento de son e audiovisual, adquirido co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O salón de actos do edificio conta desde esta semana cun novo equipo de son, con catro altofalantes,unha mesa de son e micros de pé, man e diadema, e cun novo proxector, que facilitaráN a organización de actividades nesta instalación municipal.
A deputada Iria Castro explicou que “a pesar de ser unha instalación nova, inaugurada hai dous anos, o Paco Pestana carecía deste equipamento, que é fundamental para organizar actividades con público” e destacou “que este investimento facilita e amplía as posibilidades deste espazo, concebido para ser referencia da actividade cultural no concello”
A área de Cultura achegou ao Concello 7.000 euros para a compra e instalación do material, que supuxo un investimento total de 10.000 euros.
