InicioCultura'Sirat' gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

PUBLICADA O

- Advertisement -

‘Sirat’ alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo a ‘Antes de Nós’, a gran nomeada desta edición. Con todo, a cinta de Anxos Huerta sobre Castelao igualou a marca histórica de premios de ‘Dhogs’, de Andrés Goteira.

A película era finalista en ata 18 categorías, das que se levou 13 premios. Entre eles, Huerta sumou o seu segundo galardón a Mellor Dirección. A produción destacou nunha gran noite de protagonismo feminino, na que o 70% de premios recaeron en mulleres.

Mentres o filme de Oliver Laxe gañou a Mellor Música Orixinal, para Kanding Ray, e Mellor Son, para Amanda Villavieja, ‘Antes de Nós’ concentrou a maioría de galardóns artísticos e técnicos. Mellor Guión, para Pepe Coira, e Mellor Dirección de Produción, para Lucía Caramelo, son outros dos premios que obtivo.

Por outra banda, ‘Weiss & Morais’ gañou a Mellor serie; ‘Cos pés na terra’, a Mellor Programa, e ‘360 Curvas’, de Alejandro Gándara e Ariadna Silva, a Mellor Documental.

A gala celebrouse esta noite no Auditorio Fuxan vos Ventos en Lugo e estivo presentada por Trisha Fernández e o humorista Federico Pérez. En representación institucional, acudiron a vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, e o conselleiro de Cultura, José López Campos, entre outros.

+ posts

ÚLTIMAS

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...

Carmela López anuncia en Ribas de Sil o arranxo da estrada que conecta o val de Quiroga con Ourense

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, vén de anunciar en Ribas de...