InicioPolíticaA Deputación achega o audiovisual á III Feira de Educación, Formación e...

A Deputación achega o audiovisual á III Feira de Educación, Formación e Emprego

O alumnado do Centro de Formación Audiovisual da institución provincial participa cun stand na feira no que ofrecen información e asesoramento sobre os Ciclos Superiores de Realización de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos e o de Produción Audiovisuais e Espectáculos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este martes á inauguración da III Feira de Educación, Formación e Emprego que se celebrará hoxe e mañá no Pazo de Feiras e Congreso de Lugo, en horario de 09:00 horas a 14:00 horas e de 16.00 horas a 19:00 horas.

O alumnado do Centro de Formación Audiovisual da institución provincial participa cun stand na feira no que ofrecen información e asesoramento sobre os Ciclos Superiores de Realización de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos e o de Produción Audiovisuais e Espectáculos. Ademais, os estudantes permiten ao público experimentar coa imaxe e o son mediante entrevistas e gravacións en directo, achegándose en primeira persoa á práctica profesional do sector audiovisual.

Carmela López destacou que iniciativas como esta son fundamentais “para que mozos e mozas poidan definir o seu futuro académico e laboral, coñecendo a ampla oferta educativa das diferentes ensinanzas, nun evento que combina información, orientación e experiencias prácticas”. Animou aos asistentes “a coñecer a oferta formativa que ofrecemos desde a Escola de Imaxe e Son, único centro público na provincia de Lugo que imparte ensinanzas no audiovisual e desde un enfoque eminentemente práctico”.

Esta terceira edición reúne 42 expositores, entre eles 23 centros públicos de educación galegos, das Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, a Universidade Intercontinental da Empresa, a Universidade Europea de Madrid e a Uned. Así mesmo, xunto a Escola de Imaxe e Son da Deputación teñen presenzas outros centros como a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, a Escola de Idiomas o los Conservatorios profesionales de Danza e de Música de Lugo, que ofrecerán actuaciones a cargo do seu alumnado.

Tamén participan varios colexios profesionais así como a Policía Nacional, a Garda Civil e as Forzas Armadas, que desprazan unha cabina do exército do Aire ou o globo aerostático.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...

Sometido a información pública o proxecto de trazado para mellorar a seguridade no Camiño do Norte

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o trámite de información pública para o...