InicioCulturaO director lucense Brais Revaldería levará ao festival de Texas a súa...

O director lucense Brais Revaldería levará ao festival de Texas a súa experiencia inmersiva sobre a Rapa de Sabucedo

'Fillos do Vento: A Rapa' é o resultado de sete anos de gravacións consecutivas nas montañas de Sabucedo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O director galego Brais Revaldería, natural de Lugo, presentará en Estados Unidos o seu proxecto ‘Fillos do Vento: A Rapa’, unha proposta inmersiva centrada na Rapa das Bestas de Sabucedo, na Estrada.

A obra celebrará a súa estrea en Norteamérica dentro do festival SXSW 2026, que se celebra en Austin (Texas), tras pasar previamente por Cannes e Sevilla. A peza foi seleccionada na categoría oficial XR Experience Spotlight e poderá verse do 15 ao 17 de marzo no Fairmont Hotel da cidade texana.

Con esta nova parada internacional, o proxecto consolida o seu percorrido exterior despois de ser un do tres traballos nomeados na súa sección no Festival de Cannes, onde tivo o seu premiere internacional no Marche du Filme en 2025. Posteriormente foi presentada en España no Festival de Cinema Europeo de Sevilla.

‘Fillos do Vento: A Rapa’ é o resultado de sete anos de gravacións consecutivas nas montañas de Sabucedo. Revaldería, que conta con dous premios Emmy pola súa colaboración con HBO en producións como Westworld e Game of Thrones, documentou durante todo ese tempo una das tradicións máis singulares de Europa.

A Rapa das Bestas, con máis de cinco séculos de historia documentada e recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional, mantén vivo un ritual comunitario no que os veciños conducen aos cabalos salvaxes desde o monte ata o curro para marcalos, desparasitarlos e cortarlles as crines, nunha práctica transmitida de xeración en xeración.

Lonxe de exporse como unha longametraxe convencional, a obra adopta un formato inmersivo con proxección panorámica de 270 graos, imaxe en 8K e son ambisónico espacializado, ao que se suma un sistema de difusión aromática que recrea os cheiros da contorna natural galego. O material visual procede integramente de gravacións documentais reais realizadas en distintas edicións da Rapa, sen recreacións nin imaxes xeradas dixitalmente.

Desta forma, a experiencia sitúa ao espectador no centro da acción, desde a baixada ao monte ata o desenvolvemento do curro, e propón unha mirada contemporánea sobre cuestións como a identidade, o territorio e os cambios culturais no ámbito rural, nun contexto no que xorden novos debates como a implantación de parques eólicos na paisaxe tradicional.

O proxecto conta coa codirección e produción artística de María Fernanda Ordoñez Morla, mentres que a produción executiva está en mans de Pedro Revaldería, de Evernia Media. A produción corre a cargo de Cinexin Studios, coa colaboración de equipos técnicos de España, Estados Unidos e Latinoamérica.

A iniciativa recibiu o respaldo da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Concello da Estrada e o Consulado Xeral de España en Nova York, e está vinculada a 100 Sutton Studios, firma con sede en Nova York e Galicia fundada polo propio Revaldería e especializada en narrativa inmersiva e proxectos XR de proxección internacional.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...