InicioCulturaO encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como "centrop de creación...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A concelleira de Cultura Maite Ferreiro, que tamén tomou parte no acto,  destacou o traballo pola  cultura audiovisual en Lugo con iniciativas como o Paseo do Cine do Parque de Frigsa, iniciativa do Grupo Fonmiñá, e incidiu na importancia do acceso á cultura en todo o territorio

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no encontro Detrás dos Mestre Mateo que se celebrou na mañá do pasado venres no Pazo de San Marcos, coa participación de responsables de produción e comunicación da gala de premios do audiovisual galego que se celebrará o 21 de marzo en Lugo.

Martín Cañedo, director de produción dos Premios Mestre Mateo, Yohana Silva, xefa de produción, Candela Montero, axudante de produción e Sandra Carnota, responsable do departamento de Comunicación, e Alicia Alonso, responsable de redes sociais e contidos web, explicaron o seu traballo á fronte da organización e da difusión dos Premios e da Gala,  nun coloquio presentado e moderado pola profesora do Centro de Formación Audiovisual da Deputación de Lugo.

O alumnado do centro, onde se imparten ciclos superiores de Realización e Produción, participou activamente no coloquio onde se detallou o equipo humano detrás da gala ou as implicacións de producir un evento retransmitido en directo por televisión, entre outras cuestións.

Iria Castro aproveitou a intervención inaugural para subliñar a celebración dos Premios Mestre Mateo por primeira vez na cidade e na provincia como unha oportunidade para reivindicar Lugo como “centro de creación cultural” e un aliciente para “as profesionais do presente e do futuro, que vos estades formando no centro da Deputación”.

A concelleira de Cultura Maite Ferreiro, que tamén tomou parte no acto,  destacou o traballo pola  cultura audiovisual en Lugo con iniciativas como o Paseo do Cine do Parque de Frigsa, iniciativa do Grupo Fonmiñá, e incidiu na importancia do acceso á cultura en todo o territorio.

A actividade forma parte da programación organizada pola Academia Galega do Audiovisual para implicar á cidadanía na gala e socializar a importancia do sector audiovisual galego. Nese obxectivo, encádranse tamén as proxeccións das longametraxes e documentais finalistas dos Premios que se están realizando durante este mes nos Cines Códex, en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...