InicioCulturaUn investigador avanza en Lugo nos métodos de control da salmonela

Un investigador avanza en Lugo nos métodos de control da salmonela

A tese de doutoramento do veterinario Alexandre Lambas afonda nas estruturas altamente resistentes que permiten á salmonela persistir na cadea alimentaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

A tese de doutoramento do veterinario Alexandre Lambas Freire, da Facultade de Veterinaria de Lugo, estuda a capacidade da salmonela para soportar as condicións desfavorábeis da cadea alimenticia. A investigación permite afondar na comprensión dos mecanismos de supervivencia deste patóxeno que cada ano ocasiona 90.000 casos por salmonelose na Unión Europea.

Dirixida polo profesor Carlos M. Franco Abuín, a tese acerca da salmonela pode ser de utilidade para o desenvolvemento de novos métodos de control de biofilms na industria alimentaria. Os biofilms son estruturas bacterianas altamente resistentes, fonte contínua de contaminación dos alimentos. O estudo contou co apoio do Laboratorio de Hixiene Inspección e Control de Alimentos (Lhica) do Campus Terra.

Neste senso, a investigación do veterinario natural de Fene representa unha ferramenta axeitada para mellorar os protocolos de limpeza e desinfección dos operadores industriais. De feito, o novo doutor propón volver avaliar os parámetros do Regulamento 2073/2005, a fin de focalizalos exclusivamente nas subespecies de Salmonella enterica con importancia para a seguridade alimentaria.

Malia o perfeccionamento dos protocolos na Unión Europea, a incidencia da salmonela segue en niveis considerables. Así as cousas, a casuística de salmonelose rexistrada no vello continente é moi baixa en comparación cos datos computados en Estados Unidos, onde o Centro de Prevención e Control de Enfermidades estima que cada no hai un millóns de casos de salmonelosis.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...