InicioCulturaA Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, a piques de ser declarada...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, a piques de ser declarada Ben de Interese Cultural

Na resolución recóllese que a ofrenda "adáptase á perfección" á definición que da a Unesco para salvagardala do patrimonio cultural inmaterial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a resolución de incoación para declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) do patrimonio inmaterial a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia. Segundo explican nun comunicado, á hora de elaborar o expediente, que supón a súa protección patrimonial inmediata, os técnicos da Xunta tiveron en conta que se trata dunha manifestación “singular” da comunidade e dunha de “as poucas tradicións vivas que evocan a entidade política histórica de Galicia”. A incoación valora tamén que se manteña de forma ininterrompida durante máis de tres séculos e medio, “reflectindo o carácter de unión do pobo galego” e que constitúe “un feito único dentro das poucas manifestacións inmateriais vivas”.

Anualmente, o domingo seguinte ao Corpus Christi ten lugar en Lugo un acto institucional e relixioso no que participan os mandatarios das antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Trátase da ofrenda ao “Santísimo” e a súa posterior procesión pola cidade, coa que se cumpre co voto solemne feito en 1669, ante as dificultades económicas da Catedral de Lugo, de dotala dunha renda anual coa que iluminar o Altar Maior.

Dende 1925 ata a actualidade, destacan, o rito da Ofrenda celébrase da mesma maneira, nunha misa solemne na que participan por quendas rotatorios anuais os representantes municipais do sete cidades. Ademais, entre as tradicións litúrxicas, unha banda de gaiteiros interpreta a Marcha Solemne do Antigo Reino de Galicia con gaitas en tres tonalidades e percusión.

Na resolución recóllese que a ofrenda “se adapta á perfección” á definición que da a Unesco para salvagárdala do patrimonio cultural inmaterial “ao reflectir un uso ou expresión que un grupo de individuos recoñece como parte integrante do seu patrimonio cultural, transmitíndoo de xeración en xeración, sendo celebrada constantemente por unha comunidade, supondo unha interacción coa súa historia e difundindo un sentimento de identidade e continuidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...