InicioCulturaLibros sobre Luísa Villalta para colexios e institutos da provincia

Libros sobre Luísa Villalta para colexios e institutos da provincia

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fará chegar aos centros educativos un lote de libros con diferentes publicacións arredor da autora á que se dedican este ano as Letras Galegas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fará chegar material da autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas a uns 140 colexios e institutos da provincia. Entre ese material atópase un volume da súa obra poética.

No lote enviado aos centros de secundaría, inclúese: “Pensar é oscuro. Poesía Reunida”, unha recompilación publicada por Galaxia dos catro títulos que Villalta dispuxo en vida para a súa publicación -Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004)-. Tamén contarán coa biografía “Abonda con vivir”, de Montse Dopico (Xerais), feita con retallos da memoria que gardaron da autora persoas que formaron parte da súa rede afectiva, realizando unha análise literaria, sociolóxica e histórica.

Aos centros de primaria, envíase outra biografía da autora homenaxeada polas Letras Galegas, “Tinta do mar. Pequena biografía de Luisa Villalta”, de Enrique Mauricio (Lela Edicións), e “O violino de Luisa, de Verónica Santalices e Mara Méndez (Galaxia), unha obra adaptada ao público máis novo que conta a historia da nena Luisa Villalta e o seu compañeiro Violino para resolver un misterio que devolverá á Coruña o seu bulicio.

A deputada de Cultura Iria Castro explicou que “son exemplares adquiridos polo Servizo de Publicacións co obxectivo de apoiar a produción editorial en galego e, neste ano dedicado a Luisa Villalta, puxemos o foco nela, contribuíndo a divulgar a súa vida e obra no ensino”. “É tamén unha forma de ofrecer recursos á comunidade educativa e de recoñecer o interese poñen na celebración dunha data fundamental para a lingua e a cultura galega”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

A Vicepresidencia da Deputación organiza unha proxección de videoclips finalistas nos Mestre Mateo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...