InicioCulturaIntervención artística de Abraham Pérez en Santiago este martes

Intervención artística de Abraham Pérez en Santiago este martes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O poeta lucense Abraham Pérez estará este martes 14 de maio ás 19:00h, en Santiago de Compostela coa intervención artística “Só nos sobrevivirán os nosos acenos” dentro da actividade “A miña peza favorita” da Fundación Granell. 

“A miña peza favorita” é unha actividade que se iniciou no ano 1997 que consiste en seleccionar unha peza, entre todas as que forman parte da colección da Fundación Eugenio Granell, para que o invitado elabore un comentario persoal cunha nova visión desde unha perspectiva actual.

Nesta ocasión, Abraham Pérez e a Galería NÉBOA, seleccionaron as pezas Así é como o museo asasina ao artista, de Eugenio Granell (1981) e Nazis brindando, de Saul Steinberg (1940) dos fondos da colección Eugenio Granell; xunto cunha selección de poemas de Abraham Pérez: o corpo transparente das horas, Liñas do cuestionamento, unha teoría para os espectros e o manifesto poético Incursión diagonal.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...