InicioCulturaO documental 'Tódalas mulleres que coñezo', mención especial no OUFF

O documental ‘Tódalas mulleres que coñezo’, mención especial no OUFF

A produción lucense, a cargo dun equipo de mulleres liderado por Xiana do Teixeiro, aborda as violencias machistas no espazo público

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ourense Film Festival (OUFF) entregou na XXIII edición un total de 17 galardóns, adicando a mención especial á lucense Tódalas mulleres que coñezo, de Xiana do Teixeiro. Na gala triunfaron Mug (Mellor Película), Capharnaüm (Premio do Xurado e Premio do Público) e La mujer de la montaña (Mellor Dirección), mentres que o galardón honorífico foi para Mabel Rivera, intérprete de Mar Adentro e a mítica serie Pratos Combinados.

O xurado presidido por María Bardem concedeu dúas mencións especiais, a Cría puercos e a Tódalas mulleres que coñezo. Esta produción lucense, un documental sobre a violencia machista e a apropiación que fai do espazo público, ten a particularidade de que foi filmada por un equipo exclusivamente de mulleres.

Tódalas mulleres que coñezo fora unha das protagonistas da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, e con anterioridade pasara polas seccións oficiais de DocumentaMadrid –onde acadou o Premio Screenly á mellor longametraxe– ou Vigo –premio do público na mesma categoría–, entre outras.

O documental recolle as voces de mulleres de distintas xeracións, e entre todas retratan o abismo de xénero que supón para elas moverse polo espazo público. A primeira longametraxe de Xiana do Teixeiro —Somos PlagaCarretera de una sola dirección— tenta desmontar o mito da igualdade de xénero, explorando o alcance da cultura da violación. A produción corresponde a Walkie Talkie Films, coa participación da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...