InicioCulturaO lucense Luis Liz-Marzán, Premio Nacional de Ciencia

O lucense Luis Liz-Marzán, Premio Nacional de Ciencia

O director do Centro de Investigación biomaGUNE de Euskadi, e primeiro galego en recibir un Advanced Grant, acada por unanimidade a máxima distinción en Tecnoloxía Química

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Ciencia e Universidades laureou ao lucense Luis Liz-Marzán co Enrique Moles, o Premio Nacional de Ciencia e Tecnoloxía Química. Despois de catro anos sen convocarse, o premio estatal de investigación creado en 1982 recoñece as achegas ao eido da química coloidal e a nanociencia do investigador de Ikerbasque e director do CIC biomaGUNE, dependente do goberno de Euskadi.

Liz-Marzán (Lugo, 1965) doctorouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela, foi investigador posdoctoral en Utrech, e profesor na Universidade de Vigo ata 2012, e profesor visitante en catro continentes. Como xefe do CIBER-BBN e director do centro de investigación cooperativa CIC biomaGUNE, posicionouse na listaxe dos científicos máis citados do mundo segundo Clarivate Analytics.

O xurado do Premio Nacional de Ciencia otorgou esta distinción a Liz-Marzán por unanimidade, valorando “as numerosas e significativas achegas aos campos da química coloidal e a nanociencia”, “abrindo novas fronteras na nanoescala dende un punto de vista químico, co obxecto de resolver problemas emerxentes de elevada importancia tecnolóxica, en particular, no campo biomédico”.

Luis Liz-Marzán | Agencia SINC
Luis Liz-Marzán | Agencia SINC

ÚLTIMAS

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...