InicioCulturaMáis de 30.000 persoas daranse cita nunha nova edición do Caudal Fest

Máis de 30.000 persoas daranse cita nunha nova edición do Caudal Fest

O artista urbano portugués, Chico da Tina, completa o cartel do festival, encabezado por grupos de talla nacional e internacional como Vetusta Morla, Leiva ou Miss Cafeina.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Caudal Fest, festival que se celebrará os días 15 e 16 en Lugo, reunirá a máis de 33.000 persoas na que será a súa edición máis multitudinaria. Así o destacou a rexedora, Lara Méndez, acompañada do director do festival, Iván Méndez, e do responsable de comunicación, Esteban Girón, ao informar dos últimos avances na organización dunha cita que se celebrará na contorna fluvial do Miño.

Unha das novidades desta edición será o regreso da zona de descanso, que contará con máis de 1.000 prazas e que, actualmente, xa está cuberta ao 70 % da súa capacidade. O artista urbano portugués, Chico da Tina, completa o cartel do festival, encabezado por grupos de talla nacional e internacional como Vetusta Morla, Leiva ou Miss Cafeina. Ademais, haberá dous escenarios con música ‘non stop’ desde as 17.00 ata as 03.00 horas.

“Será a edición máis multitudinaria ata a data, pois xa se conseguiu unha cifra marca de venda de abonos, esperando a máis de 33.000 asistentes durante os dous días de concertos”, explicou a alcaldesa, que informou que xa se traballa na instalación do recinto. Méndez destacou o impacto económico do Caudal no municipio e nas súas proximidades pois “os establecementos hoteleiros lucenses levan semanas completos, repercutindo moi positivamente tamén en localidades lindeiras”.

Neste sentido, lembrou que ano pasado xa congregou a uns 30.000 asistentes, conseguindo un impacto económico de 4,5 millóns de euros e xerando ao redor de 300 postos de traballo directos e preto de 1.800 indirectos. Por outra banda, Iván Méndez anunciou a última incorporación que pechará o cartel. Trátase do artista portugués Chico da Tina, quen se sumará a esta edición. O Caudal Fest 2023 contará cun total de 20 bandas e artistas entre os que destacan grupos de ámbito nacional e internacional como Vetusta Morla, Leiva, Dani Fernández, Miss Cafeina, La La Love You ou Sidonie.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...