InicioCulturaA Muller e a Terra camiñan da man na programación da Rede...

A Muller e a Terra camiñan da man na programación da Rede Museística Provincial

Rematado un mes de abril con moitas actividades desenvoltas no Museo de Tor, a Rede Museística prepara para maio a celebración do Día Internacional dos Museos. O día 2 de maio inicia un ciclo de conferencias online para a formación internacional na xestión de museos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Desde fai máis de 20 anos a Rede Museística Provincial de Lugo dedícase a poñer as cousas no lugar que lles corresponde. A introducir novas narrativas para incorporar á nosa historia. Que incorporamos á nosa historia? Dunha banda a muller, un personaxe que aparece “residualmente” na historia o que supón deixar de transmitir uns coidados e atencións que lle son propios. E doutra banda a terra, a natureza que tradicionalmente mimamos, agora esquecémola e con ela todo o que supón como modo de vida e forma de ser.

A Rede Museística Provincial co apoio da Vicepresidencia da Deputación e a través do Museo do Mar de San Cibrao, o Museo Provincial de Lugo, o Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol e o Museo Pazo de Tor en Monforte, leva anos tecendo redes e cambiando os formatos para cambiar as cousas, “non se escoita a quen non ocupa os espazos”, asegura a xerente da Rede, Encarna Lago.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O TSXG revisa este luns o recurso do condenado polo asasinato de Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este luns a vista de...

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...

Renfe establece un plan alternativo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo pola rotura da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no concello...

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...