InicioCulturaNova tempada de concertos de música clásica no Círculo das Artes de...

Nova tempada de concertos de música clásica no Círculo das Artes de Lugo

Sociedad Filarmónica, Deputación e Concello producen 11 concertos de outubro a maio, con músicos e directores de prestixio internacional

PUBLICADA O

- Advertisement -

A nova temporada de concertos de música clásica chega a Lugo este 17 de outubro. A tempada estenderase ata maio, con espectáculos en vivo no Círculo das Artes, sempre no mesmo horario, ás 20.00 horas. As entradas para os non socios pódense mercar nas oficinas do Círculo das Artes, e oscilan entre os 10 e 20 euros. Nenos, estudantes universitarios e de conservatorios teñen entrada gratuíta. As altas de socios na Sociedad Filarmónica de Lugo pódense facer no filarmonicadelugo@gmail.com.

Deputación e Concello colaboran coa Sociedad Filarmónica de Lugo a través dunha achega de  económica de 9.000 e 3.000 euros, respectivamente. Estas axudas cofinancian a xeira de concertos, un total de once, con músicos e directores de recoñecemento internacional. “Estes concertos poñen á nosa provincia no mapa musical”, proclamou a deputada de Cultura, Pilar García Porto. “Trátase ademais dunha oportunidade única para promover e achegar ao público en xeral a música clásica”.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, agradeceulle á Sociedad Filarmónica de Lugo que organicen un evento tan importante como este, “que enche a nosa cidade de cultura musical, que conta ademais coa xente nova que está comezando no mundo da música clásica, o que da mostra da importancia da labor da Sociedad”.

Programación 2018/2019

Todos os concertos terán lugar no Círculo das Artes ás 20:00 horas.

Outubro

17 de outubro: Real Filharmonía de Galicia.

Maximino Zumalave, Director e Javier Franco, barítono. R. Strauss, J. Arriola e J. Guridi

Novembro

7 de novembro: Vladimir Petrov, piano. Gañador Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo.

Obras de Rachmaninov, Scriabin, Liszt, Schumann e Prokofiev

28 de novembro: Orquestra de Cámara Solistas de Brno

Vivaldi, Albinoni, J.C. Bach e Beethoven (Triple concerto)

Decembro

1 de decembro: Banda Filharmónica de Lugo. Concerto 5º Aniversario

Iván Martínez Sabio, director

15 de decembro: Cuarteto AmarArt & Ona Cardona

Quintetos con clarinete de W. A. Mozart e J. Brahms

Xaneiro

26 de xaneiro: Orquestra Barroca Vigo 430, Coro Rías Baixas

Lina Tur Bonet, directora, Eugenia Boix (soprano), Gabriel Díaz (contratenor)

Vivaldi: “Gloria”

Febreiro

8 de febreiro: Viaxe a través da luz do Mediterraneo

Hector Jorge Guedes, barítono e Antonio Luciani, piano

Marzo

22 de marzo: Trio Wanderer

Vincent Coq (piano), Rafaël Pidoux (violonchelo), Jean-Marc Philips-Varjabédian (violín)

Tríos con piano de F. Schubert

Abril

6 de abril: Orquestra Sinfónica Vigo 430

Tomás Grau, director.

Mozart: Sinfonía Concertante,Sinfonías no 1 e no 41 ”Xupiter”

Abril/Maio (data sen confirmar)

Cristo Barrios, clarinete & Andrew West, piano

Maio

21 de mayo Praga Camerata

Pavel Hula, director e Martin Sedlak, violonchelo

Obras de Holst, Schubert, Gershwin e Dvorak

 

Sociedad Filarmónica de Lugo

Por iniciativa dun grupo de lucenses, sensibles á tradición polifónica da cidade e excelentes compoñentes dun conxunto de pulso e puga chamado Rocho Musical, fundouse en decembro de 1.946 a sociedade, sendo os seus fins o fomento e difusión da arte musical. Comeza a súa actividade social o 17 de Maio de 1947 cun concerto a cargo da Orquesta Municipal de Bilbao.

Dende entón, e ininterrompidamente, leva organizadas máis de 600 actuacións que fixeron posible a audición en Lugo de destacadas agrupacións e solistas de todo o mundo. Como entidade cultural relevante, contribuíu á fundación do Patronato Pro-Música colaborando na institución das Semanas de Música do Corpus Lucense e na creación do Conservatorio.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...