InicioCulturaPiden un Día das Letras Galegas para Celestino Fernández de la Vega,...

Piden un Día das Letras Galegas para Celestino Fernández de la Vega, nado en Friol

A familia critica que a RAG "se teña esquecido del"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A familia do escritor, xornalista e filósofo Celestino Fernández de la Vega, nacido en Friol en 1914, reclama 36 anos despois da súa morte que se lle dedique un Día das Letras Galegas.

Así o pide precisamente cando este día saíu unha tirada de cinco millóns de selos dedicado ao polifacético autor, que tamén escribiu en varios medios impresos como, por exemplo, o diario El Progreso’.

Un dos seus sobriños, Carlos Fernández de la Vega, confesou que, tras esta serie de selos que xa se puxeron en circulación, é “unha honra moi importante” para a familia. “Con moi poucos literatos galegos fíxose isto, se non recordo mal creo que só se fixo unha edición de selos a Rosalía de Castro”, subliñou.

Ademais, lembrou como Celestino “foi secretario no Goberno civil“, envorcándose na escritura e relatando como participaba en faladoiros “no Méndez Núñez e no Café Madrid” da cidade de Lugo.

Neses “faladoiros” coincidía con Ánxel Fole, Pimentel ou Manuel María, autores aos que “se lles dedicou un Día das Letras Galegas” mentres a Fernández de la Vega aínda non, segundo reprochou.

Aínda que fai dez anos estivo “entre os finalistas” para ese día, o seu sobriño protestou porque “parece que a Real Academia Galega esqueceuse del, e ten méritos suficientes e, ademais, morreu hai máis de 30 anos”.

Sobresae un libro por encima de todos en que Carlos Fernández de la Vega pon o foco: o tratado sobre o humor titulado ‘O Segredo do Humor’. Á súa vez, publicaba, entre outros, ‘O enigma de Santa Eulalia de Bóveda’ un escritor que cultivou a súa amizade con “Castelao ou Piñeiro”. Tamén coincidiu con Pío Baroja en Madrid.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...