InicioCulturaUn Arde Lucus coas Tanxugueiras e máis de 400 actividades

Un Arde Lucus coas Tanxugueiras e máis de 400 actividades

A cita, que incluirá un espectáculo de realidade aumentada pioneiro en Galicia, recupera "todo o esplendor" do 9 ao 12 de xuño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A festa de recreación histórica do pasado castrexo e romano de Lugo, o Arde Lucus, celebrará a súa edición número 21 entre o 9 e o 12 de xuño con máis de 400 actividades, entre elas o concerto de Tanxugueiras.

A festa, que arrincará co aceso do lume sacro de Vesta e a entrada das lexións para tomar a cidade, estenderase ata os días 12 con circo romano, co encontro tamén de tropas romanas con castrexas ou vodas celtas, ademais de actuacións. Tamén haberá un espectáculo de realidade aumentada na Mosqueira, que será pioneiro en Galicia e co que se recreará a época de esplendor de Lugo no século I.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou esta nova edición, acompañada de membros das 19 asociacións que participan activamente (nove romanas e dez castrexas) no Arde Lucus. Valora que sen o traballo destas entidades non sería posible realizar esta festa de recreación histórica que reúne milleiros de persoas na cidade da muralla.

“As asociacións son a ‘alma mater’ deste Arde Lucus e volvemos con todo o esplendor de actividades, con máis de 400”, subliñou Méndez.

RECUPERAR A NORMALIDADE

Previamente, Lara Méndez afirmou: “Estamos ante unha cita moi importante porque recuperamos a normalidade, e recuperaremos o Arde Lucus no seu esplendor”.

Ademais, puntualizaba que se está nunha “etapa moi ilusionante” no camiño de conseguir “o distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional e é onde focalizamos os esforzos nos dous últimos anos (antes da pandemia)”, expresou.

“Pomos o foco na internacionalización da festa para que este ano demos ese paso último para pola no mapa internacional”, dixo. O Concello de Lugo destinará para o Arde Lucus deste ano case 140.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...