InicioCulturaSonDeSeu celebra o seu 20 aniversario cun concerto acústico en Lugo

SonDeSeu celebra o seu 20 aniversario cun concerto acústico en Lugo

A orquestra folk actuará este sábado 21 de maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

PUBLICADA O

- Advertisement -

SonDeSeu recala este sábado en Lugo cun concerto que se enmarca na xira de celebración do seu vinte aniversario. A orquestra folk, un dos proxectos musicais máis senlleiros do país, actuará este sábado 21 de maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire, ás 20:30 horas, e desta volta vaino facer dun xeito singular: en formato acústico e sen amplificación. Un concerto que é posible grazas á colaboración do Concello de Lugo, e para o que as entradas poden adquirirse no espazo web www.ataquilla.com.

 A primeira orquestra folk de Galicia regresa á cidade catro anos despois do seu concerto na inauguración das festas de San Froilán 2018. Nesta ocasión faino coa case totalidade dos seus 60 integrantes, entre eles os lucenses José Varela, violinista, e a cantante Carme López, que tamén forma parte de Raiceira e do grupo Os Minhotos.

SonDeSeu, explica o grupo, comezou a súa andaina hai dúas décadas como unha actividade de conxunto instrumental “coa intención de facer e compartir, colectivamente, a música tradicional galega”. Co paso dos anos, a entidade medrou “a base de ilusión, esforzo e xenerosidade colectiva”, tanto por parte do alumnado coma do seu profesorado, para crear novas vías na evolución das músicas de raíz desde a óptica do século XXI.

Figuras e mestres como Rodrigo Romaní, Begoña Riobó, Anxo Pintos, Xisco Feijoó, Xaquín Xesteira, Alfonso Franco e Xosé Liz forman parte deste proxecto educativo e musical, hoxe en día vinculado á ETRAD (Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional), que favoreceu a creación dunha prometedora canteira artistas musicais que transmiten a tradición desde a contemporaneidade. 

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...