InicioCulturaCinco pílulas para alentar as nenas a lanzarse ao mundo das TIC

Cinco pílulas para alentar as nenas a lanzarse ao mundo das TIC

A iniciativa, promovida polo Concello de Lugo en colaboración coa Escola de Imaxe e Son de Lugo, pretende fomentar a presenza feminina no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo celebra o Día Internacional das Nenas nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), que se conmemora cada ano dende 2011 o último xoves do mes de abril coa finalidade de impulsar a participación feminina nun campo aínda moi masculinizado.

E faino a través dunha campaña de sensibilización nas redes sociais (Facebook e Instagram: @mullereigualdadelugo) para visibilizar o traballo nas TIC,”co obxectivo de normalizar os referentes femininos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación e promover prácticas que alenten a nenas e mulleres a considerar a posibilidade de orientar os seus estudos e profesións dentro deste campo”, subliñou a concelleira de Igualdade, Silvia Alonso.

Trátase de 5 pílulas que gravou e editou a Escola de Imaxe e Son de Lugo, á que a concelleira quixo amosar o seu agradecemento. Silvia Alonso tamén tivo palabras de recoñecemento para as protagonistas dos vídeos: Erea Díaz, Paula Vilariño, Melina Pulleiro, Celia López e Claudia Díaz, que coas súas gravacións apoian a integración da muller nas carreiras tecnolóxicas.

Segundo sinalou a propia rexedora, Lara Méndez, esta efeméride “obedece á necesidade de rachar coa brecha dixital feminina que se evidencia ao longo dos anos e que, máis aló dun problema de xénero ten repercusións sobre o desenvolvemento económico e social das rexións, xa que, na actualidade, toda actividade económica leva consigo, de forma implícita, algún elemento tecnolóxico”, afirmou.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...