InicioCulturaLugo Cultural... como afondar na relación entre a USC e a cidade...

Lugo Cultural… como afondar na relación entre a USC e a cidade de Lugo

Os vicerreitores Francisco Fraga e Pilar Murias presentan as actividades musicais, de teatro, danza, videocreación e visitas guiadas programadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural para o mes de abril, nun acto no que tamén participou a vicepresidenta da Deputación Provincial e concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Tareixa Ferreiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concerto de presentación do último traballo de Berto, que este mércores, a partir das 21.00 horas, regresa á luguesa Praza de Santa María, abre o abano de “actividades diversas” programadas ao abeiro da vixésima oitava edición do convenio Lugo Cultural, unha iniciativa froito da colaboración entre a USC co Concello e a Deputación Provincial de Lugo, que nesta edición pretende achegarse un pouco máis á comunidade universitaria coa celebración de máis actuacións nos centros universitarios. Os vicerreitores de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, presentaron este mércores o calendario de actividades previstas para este mes de abril, no marco dun acto no que tamén participou a vicepresidenta da Deputación provincial e concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro.

O menú deste nova edición do convenio Lugo Cultural mantén en axenda ciclos e certames artísticos xa consolidados, tales como o Festival de Teatro Universitario ou Encontro Universitario de Danza. O programa de visitas guiadas e musicadas á Domus do Mitreo ‘Noites na Domus’, os ‘Xoves de moda’, ‘Lubicán íntimo’ ou o certame de videocreación ‘Findecurta’ son outras das propostas culturais que teñen garantida a súa continuidade na primavera artística que garante na capital luguesa o convenio Lugo Cultural, cuxos participantes reiteraron a súa disposición a incorporar novas administracións a esta iniciativa, a fin de “traballar a prol da confección dun calendario único e interxeracional que resulte atractivo para todos os públicos”, sinalou a vicepresidenta da Deputación de Lugo e concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Tareixa Ferreiro.

A programación deseñada ao abeiro do convenio Lugo Cultural para 2022 pretende asemade afondar na conexión entre o campus e a cidade a través da organización de actividades en diferentes espazos urbanos e noutros emprazamentos da sede universitaria, onde se contempla a celebración de concertos, que os que ofrecerá o 28 de abril grupo lugués Los Jorobados del Minho’ na Facultade de ADE, ou a intervención que ten prevista Cora Velasco tres días na Facultade de Veterinaria, no marco do ‘Lubicán íntimo’.

O obxectivo de achegar a oferta cultural promovida desde a USC á propia comunidade universitaria pretende facilitar a participación do alumnado e tamén de docentes nesta programación lúdica, ademais de servir de estímulo para que os propios universitarios desenvolvan o seu potencial artístico e se convertan en protagonistas desta programación, comentou o vicerreitor de Organizaición Académica e do Campus de Lugo. Francisco Fraga tamén avanzou o interese do actual equipo goberno da USC por avanzar no deseño duns horarios docentes máis flexibles que permitan aos membros da comunidade universitaria cumprir coas súas obrigas académicas sen ter que renunciar a estas oportunidades de lecer.

FESTIVAL DE TEATRO

O 28 Festival de Teatro Universitario e a vixésima edición do Encontro Universitario de Danza converterán a capital luguesa do 18 ao 30 de abril nun escenario artístico no que gozar do talento universitario.

A vixésima edición do Encontro Universitario de Danza reunirá os día 21 e 22 de abril no Vello Cárcere de Lugo seis compañías universitarias de danza da USC e da Uvigo, que presentarán cadanseu espectáculo en sesións abertas ao público en xeral.

ÚLTIMAS

Os Andares, un proxecto de inmersión sonora para redescubrir os Ancares

Os Andares, un proxecto artístico-inmersivo sobre a memoria emocional dos territorios, presenta seis viaxes...

Suspendido o xuízo contra un home acusado de ameazar a dúas persoas cunha escopeta

O xuízo oral contra un home acusado dun delito de tenencia ilícita de armas...

A compañía de teatro do Campus de Lugo galardoada na mostra de ‘Teatro Joven’ de Donostia

Deixando a pel da compañía de teatro universitario USC- Lugo obtivo o premio á mellor...

O PPdeG demandará “máximo rigor” na tramitación da planta de biometano de Coeses, en Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos, acompañado dos deputados lucenses Encarna Amigo,...