InicioCulturaUn selo de coleccionistas recolle os tres Patrimonios da Humanidade de Lugo

Un selo de coleccionistas recolle os tres Patrimonios da Humanidade de Lugo

Lugo acolle a celebración da 59 edición da Exposición Filatélica Nacional, que se inaugurou este xoves e que se poderá visitar ata o día 24.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un novo selo de coleccionistas recolle os tres Patrimonios da Humanidade de Lugo (a Muralla, a Catedral e o Camiño Primitivo) para conmemorar a celebración na cidade da 59 edición da Exposición Filatélica Nacional, que se inaugurou este xoves e que se poderá visitar ata o día 24. “Será un peza importante, da que se emitirán 140.000 follas bloque, e que se suma xa ao enorme caudal filatélico en selos ordinarios, benéficos e conmemorativos que recollen a riqueza patrimonial, histórica e cultural lucense”, asegurou este xoves a alcaldesa Lara Méndez durante a súa presentación.

A rexedora destacou a importancia de que esta exposición, coa que colabora o Concello de Lugo, “xa que será unha xanela aberta ao mundo para a nosa cidade, tendo en conta que son máis de 50 millóns de persoas de todos os países os amantes dos selos, máis de medio millóns de persoas en España”. Méndez agradeceu a emisión deste novo selo, e tamén deu as grazas aos 82 coleccionistas que cederon as súas pezas para Exfina, así como a Correos, á Federación Española de Sociedades Filatélicas e á Sociedade Filatélica lucense por escoller Lugo para a mostra.

Poderán verse máis de 500 marcos expositores con 80.000 follas de selos, “de gran riqueza cultural” e que “reflicten a historia postal desde o século XVI, con coleccións de particulares tanto españois como de varios países do mundo”, proseguiu a alcaldesa. Desta vez, a exposición volve acoller público presencial e poderase gozar dela desde este xoves e ata o 24 de outubro na sala de exposicións do palacio provincial da Deputación de Lugo, na carpa situada na praza Santa María e no salón Rexio do Círculo das Artes.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...