InicioCulturaA Deputación de Lugo destina 100.000 euros ao patrocinio da última película...

A Deputación de Lugo destina 100.000 euros ao patrocinio da última película de Dani de la Torre

Tamén se financiará con 100.000 euros en tres anualidades á productora Vía Lácta Films.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo destinará 100.000 euros para o patrocinio da última película do director Dani de la Torre, ‘Live is life’, rodada na súa práctica totalidade na Ribeira Sacra.

A portavoz socialista e deputada de Turismo, Pilar García Porto, avanzou este venres, en rolda de prensa, que se sacaron “adiante novas colaboracións co sector audiovisual, para apoiar esta industria importante, esta industria cultural que ao mesmo tempo nos axuda a promocionar o territorio, a facelo máis visible e a incentivar un turismo de calidade sustentable na provincia”.

“Por iso adxudicamos un contrato de patrocinio, a través do que destinamos 100.000 euros para colaborar coa nova película do director de cinema lucense Dani da Torre, ‘Live is life’, unha medida que contribuirá á promoción dos recursos da provincia”, puntualizou.

Porto lembrou que esta película foi rodada “na Ribeira Sacra, que foi o escenario da rodaxe principal, en concreto os concellos de; Pantón, Sober, Quiroga, O Saviñao e Monforte”.

Á súa vez, anunciou que se aprobou outro “convenio de colaboración con Vía Láctea Films“, polo cal se consignarán 100.000 euros en tres anualidades (2021 a 2023), para colaborar coa rodaxe e a produción de ‘A volta’, que é “a nova película desta produtora galega, que ten ao director Ignacio Vilar á súa fronte e que ademais realizou longametraxes tan coñecidas e recoñecidos como, ‘María Soiña’, ‘A esmorga’ ou ‘Pradolongo’.

Na mesma xunta de goberno provincial acordouse sacar a contratación, por 83.000 euros, a dixitalización dos Boletíns Oficiais da Provincia desde 1834 e ata 1961. Este proceso de dixitalización xa leva a cabo, sen interrupción, desde 2003.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...