InicioCulturaMáis de 130 películas serán proxectadas na Semana do Cinema de Lugo

Máis de 130 películas serán proxectadas na Semana do Cinema de Lugo

Este ano, a diferenza do anterior, o aforo será de 300 persoas no Auditorio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 135 proxectaranse na Semana de Cinema de autor de Lugo, que se programa desde este luns e ata o vindeiro sábado na cidade das murallas. Ás portas do Concello de Lugo, foron presentadas algunhas destas actividades e o libro ‘Un camiño de cinema Xacobeo’ da xornalista lucense Pilar Falcón.

O director da Semana de Cinema de Lugo, Manuel Curiel, apuntou que “a edición deste ano vai ser mellor que a do ano pasado en que xa o limite de aforamento era de 30 persoas por sala e nesta edición son máis de 300 persoas no auditorio”.

Son 135 as películas que se difundirán durante a semana, segundo comentou Curiel son de “todos os tamaños; longos, curtos, documentais e a maioría son practicamente estreas en toda España”.

O que hai que facer é unha lista e dedicarse a ver certas películas, porque 135 é imposible de ver“, sinalou o director da Semana de Cinema de Lugo. Serán varios os escenarios; o auditorio, a biblioteca, a Deputación, ou o vicerreitorado, que “son o catro ou cinco salgas coas que contamos todos os anos”, indicou Manuel Curiel.

Unha das novidades que se incorpora para esta edición é a presenza de dúas películas con temática sobre o Xacobeo, resaltando o director o documental ‘O longo camiño’.

+ posts

ÚLTIMAS

Denuncian a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de Lugo

A Plataforma Queremos Galego denunciou a supresión da área de Promoción da Lingua no...

Reunións de Candia con representantes do Arde Lucus e Lugo Monumental de cara a colaborar co tecido asociativo

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e os concelleiros Damián Carballo e Mar Carballas...

Policías locais evitan que se propague un incendio orixinado en dous colectores cara a un edificio habitado

Axentes da Policía Local de Lugo lograron evitar que un incendio declarado en varios...

Tres mulleres agredidas en Lugo, dúas delas nunha pelexa entre ambas

A Policía Local de Lugo interveu nos últimos días en varios incidentes rexistrados en...