InicioCulturaConcertos e entrega de libros en Lugo no Día das Letras Galegas

Concertos e entrega de libros en Lugo no Día das Letras Galegas

Vigo será o epicentro das celebracións en homenaxe a Xela Arias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Vigo será este 17 de maio o epicentro dos actos conmemorativos do Ano Xela Arias, unha efeméride na que se implican numerosas institucións e entidades de toda Galicia para divulgar a súa figura e obra e estender a celebración das Letras Galegas por todos os recunchos do territorio.

O acto da Xunta será no IES Castelao en Vigo, centro no que as propia Arias estudou de moza. En concreto, será a partir das 11,30 horas e contará coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ademais de representantes de numerosas institucións do país e unha actuación musical sobre poemas da autora.

Posteriormente, a Real Academia Galega celebrará ás 13,00 horas o plenario extraordinario con motivo do Día das Letras Galegas no Auditorio Mar de Vigo, coa participación de Marilar Aleixandre, Ana Romaní e Manuel Rivas. No evento tamén se poderá gozar das actuacións musicais de Mónica de Nut, Pablo Carreira e Fernando Abreu, intérprete que comezara a preparar un espectáculo poético-musical con Xela Arias pouco antes do seu falecemento en 2003.

CONCERTOS

Precisamente, o Consello da Cultura Galega celebrará o día anterior o concerto que cada ano promove en datas próximas ao Día das Letras Galegas, neste caso o domingo no Auditorio Mar de Vigo. A páxina web do Consello da Cultura Galega e a CRTVG retransmitirán en directo o evento, que tamén poderá visualizarse o 17 de maio na segunda canle da TVG.

LUGO

Tamén o Concello de Lugo, entre outras accións, difundirá actuacións de seis grupos de música locais baixo o ciclo ‘En Galego ao teu ritmo’, entre o 15 e o 17 de maio, a través das súas redes sociais. O propio luns regalaranse libros ás persoas que se acheguen á Praza Maior, entre as 12,00 e as 14,00 horas, procedentes do fondo bibliográfico municipal.

ÚLTIMAS

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...

A Policía de Lugo detecta cinco condutores ebrios e auxilia a un bebé pechado nunha vivenda

Os filtros de seguridade vial realizados pola Policía Local de Lugo permitiron detectar nos...