InicioCulturaUn canto á tradición galega dende a comarca da Ulloa

Un canto á tradición galega dende a comarca da Ulloa

Davide Salvado, Fransy González e Cibrán Seixo gravaron o videoclip de 'Cantar do liño e maneo de Xaviña' en emprazamentos como a igrexa de San Salvador de Vilar de Donas (Palas de Rei) ou a carballeira de Airexe (Monterroso).

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e os músicos Davide Salvado, Fransy González e Cibrán Seixo presentaron este luns o audiovisual ‘Cantar do liño e Maneo de Xaviña‘, realizado ao amparo da primeira convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 e avance do proxecto musical conxunto desta banda para pór en valor a tradición cultural, lingüística e patrimonial galega desde a música, a danza, o patrimonio arquitectónico ou a paisaxe.

Durante a presentación, Valentín García indicou que se trata dun traballo “moi coidado, especialmente elaborado e que mostra unha gran sensibilidade polo patrimonio material e inmaterial de Galicia”, desde a elección das localizacións ao paso do Camiño de Santiago ata a recollida e posta en valor das manifestacións artísticas, canto e danza, propias.

Nesta liña, sinalou que se trata dun proxecto que rememora, dá a coñecer e visibiliza “quefaceres tan arraigados como o labor do liño, así como as ‘cantigas’ asociadas á fiada ou o particular ‘maneo’ de Bergantiños e da Costa da Morte”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...