InicioCulturaLugo xa ten o seu gran saxofonista, Xurxo Morales

Lugo xa ten o seu gran saxofonista, Xurxo Morales

O mozo de 17 anos, estudante do Conservatorio de Lugo, acadou o terceiro posto no concurso internacional do Andorra Sax Fest21.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O lucense Xurxo Morales Varela, de 17 anos, vén de acadar en Andorra o terceiro premio internacional de saxofón na sección de xoves talentos. Xurxo Morales Varela participou nesta sección do certame como único representante de España e competiu con outras nacionalidades como Francia, Rusia e Italia. Formado no Conservatorio e en centros de ensino musicais de Lugo estivo á altura de saxofonistas formados en Versalles e Moscú, dos que procedían os outros premiados.

O mozo lugués estudante de saxofón asistía esta semana (26 de marzo a 1 de abril) ás xornadas internacionais de saxofón, Andorra Sax Fest’21 que se celebran anualmente en Andorra la Vella, baixo a tutela dalgunhas das máis prestixiosas figuras do saxofón clásico (Claude Delangle, Alain Crepin, Vicent David, Mariano García, Nikita Zimin…).

“O Terceiro Premio acadado, supuxo un estimulante recoñecemento, ao tratarse da súa primeira participación, resultando ser o único partipante de España premiado en calquera das categorías”, recolle o comunicado remitido. Como concursante na sección de ata 17 anos de idade, clasificouse a continuación de Chiara Beatrice Cannavale (Italia, 1° Premio) e Dmitry Pinchuk (Rusia, 2° Premio).

Unha das sensacións máis gratificantes da recepción do premio foi poder contestar ás preguntas dos profesores do xurado sobre o centro de procedencia”, destacou o mozo. Puido nomear con orgullo o Xoan Montes de Lugo a carón dos de Versalles e Moscú, dos que procedían os outros premiados. Morales manifestou que se sente en débeda coa dirección do Conservatorio de Lugo, de onde saen excelentes músicos lugueses aos que toma por referentes. “Aprecia a implicación con que exercen docencia nas Artes Escénicas en tantas Escolas e Conservatorios de toda Galicia persoas como o seu profesor principal, Alberto López”, apunta o comunicado.

Entre os docentes que lle ensinan neste seu derradeiro curso en Lugo (6o de Grao Profesional) destaca a Marcos Mariño, Laura López, Henar Matesanz, Marta Couce, Dolores Carrera, Francisco Piñeiro e Adrián Real. Sen esquecer a grandes saxofonistas que o influencian nos últimos anos en Galicia, como Álex Troya, Adrián Pais e Toño Otero.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...