InicioCulturaArrincan na provincia os actos de homenaxe a Xela Arias, autora das...

Arrincan na provincia os actos de homenaxe a Xela Arias, autora das Letras Galegas 2021

A Casa da Cultura de Sarria acolleu a inauguración dunha exposición que retrata a etapa lucense da escritora.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Con motivo da apertura oficial dos actos conmemorativos das Letras Galegas 2021, a Casa da Cultura sarriá acolleu a inauguración da exposición Aquela nena de Sarria, promovida por Galicia Dixital e o Colectivo Egeria co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do Concello de Sarria e da Real Academia Galega.

“Celebramos unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea, poeta singular, transgresora e guía de toda unha xeración poética renovadora da poesía galega en temas, estilo e forma”, destacou o secretario xeral na súa intervención. “Unha das mulleres máis innovadoras da cultura galega que sempre tivo a lingua galega como ferramenta de expresión e transformación da palabra poética e que sempre a dignificou desde as diferentes facetas que configuraron tanto o seu labor profesional, como tradutora e docente, como persoal”, concluíu.

Os actos contaron con recitado de poemas de Xela Arias a cargo das poetas Sonia Arias e Elena López, seguidos dunha interpretación musical a cargo de Eloi Caldeiro. Neles tamén participaron a nai e o fillo da homenaxeada, Amparo Castaño e Darío Gil, e distintos representantes das institucións participantes.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...