InicioCulturaXa hai datas para o Arde Lucus 2021: do 17 ao 20...

Xa hai datas para o Arde Lucus 2021: do 17 ao 20 de xuño

A seguridade e o respecto das medidas sanitarias serán o principal obxectivo na vixésima edición desta festa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo vén de anunciar que o Arde Lucus 2021 terá lugar entre o 17 e o 20 de xuño. No vixésimo aniversario desta festa, o principal obxectivo é organizar a programación de acordo ás medidas sanitarias para facer deste evento un espazo seguro.

A concelleira de Xuventude, Ana Gonzalez Abelleira, mantivo unha reunión coas dezanove asociacións de recreación histórica da cidade que colaboran activamente coa organización do Arde Lucus. Esta toma de contacto tivo como obxectivo avanzar datas e repensar as actividades, que terán que adaptarse ás restricións que poidan estar en vigor nesas datas, a expensas de como evolucione a crise da pandemia. “A nova edición, na que cumprimos 20 anos, debe ser, ante todo, segura”, comentou a edil.

UNHA PARTE VIRTUAL

O que si chegou para quedarse son as actividades telemáticas, segundo sostivo a concelleira, que lembrou que “na última edición, a máis virtual da historia debido á COVID, o balance foi valorado de xeito moi positivo, xa que chegamos a máis de 350.000 persoas de todo o continente e visitáronnos virtualmente países como Reino Unido, Portugal, Estados Unidos, Arxentina, Alemania, Italia, Francia, Rumanía, Colombia ou Brasil, entre outros”. Así mesmo, sostivo, “os contidos publicados a través destas canles superaron as 135.000 reaccións en Facebook, Instagram, Twitter e YouTube”.

Ana Abelleira agradeceu ás asociacións de recreación histórica da cidade a súa implicación ano tras ano nesta festa e lembrou que son persoas que se preparan durante meses para garantir a súa achega na celebración da festa, con esforzo persoal, pero tamén con “gastos e investimentos” para comprar material e manter a súa estrutura.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...