InicioCulturaOs contos de sempre, narrados doutro xeito en Lugo

Os contos de sempre, narrados doutro xeito en Lugo

Caxoto ofrece este sábado 5 de decembro un novo pase do seu espectáculo no que racha cos estereotipos de xénero.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os soportais da Praza Maior de Lugo acollerán este sábado ás 12:30 horas o espectáculo ‘Contos vellos, novos finais‘, do narrador oral Caxoto. Trátase dunha sesión dirixida a público infantil e familiar que procura rachar cos estereotipos de xénero e afondar na igualdade.

A actuación, prevista no Parque de Rosalía, muda de lugar debido ao prognóstico de choiva. É o cuarto pase que se fai da actividade, organizada pola área da Xuventude e a Casa da Muller co obxectivo de que as crianzas adquiran dende ben pequenas modelos de comportamentos baseados na igualdade positiva e no rexeitamento do sexismo.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...