InicioCulturaXoel López presenta o seu novo disco, no que colaborou o lucense...

Xoel López presenta o seu novo disco, no que colaborou o lucense David Quinzán

O cantante coruñés vén de publicar 'Si mi rayo te alcanzara': "É o último retrato de cando eramos felices".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cantante coruñés Xoel López presenta o seu último traballo, ‘Si mi rayo te alcanzara’, un disco gravado antes da chegada da pandemia que podería ser “o último retrato de cando eramos felices”. É o décimo quinto álbum da súa carreira e con el abre camiño a unha nova etapa na súa traxectoria musical. Entre as novidades do disco está a de que Xoel López non compuxo as cancións en solitario, senón que a autoría é compartida co lucense David Quinzán.

“Eu o que quería era unha especie de colaborador para facer o meu disco. Non facelo eu só, como o fixen 14 veces”, explica López sobre un traballo no que se ve “libre”. Confesa que buscaba “romper con iso e incluír a unha persoa externa”, aínda que, neste caso, non é tan externa, “porque ademais de ser un compositor ao que admiro moito é un íntimo amigo meu”.

Incide en que “non é un disco composto a medias”, senón a catro mans. “Eu o que realmente lle expoño é que nas miñas cancións el teña unha pequena parte”, destaca, aínda que sempre desde a perspectiva de que “era un disco de Xoel” e de que as súas achegas “eran un complemento”.  A experiencia resultou satisfactoria ata o punto de que o músico coruñés asegura que “aínda que agora mesmo estou a facer cancións eu só outra vez, volvería facelo. Foi fantástico”.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...