InicioCulturaEste domingo Vilalba celebra o Festival Internacional de Folclore

Este domingo Vilalba celebra o Festival Internacional de Folclore

Concello de Vilalba e Deputación realizan unha mostra da cultura galega en compañía de baile tradicional e costumes de Colombia, Senegal e Daguestán

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cabeceira da comarca chairega alberga este domingo o Festival Internacional de Folclore de Vilalba. A cita tenta amosar a cultura galega ao tempo que achega os costumes e o baile tradicional doutras partes do mundo. Canda ás asociacións vilalbesas comparecerán grupos de danza e música de Colombia, Senegal e o Daguestán. 

Este evento conta coa participación tanto do Concello de Vilalba como da Deputación de Lugo. A Concellería de Feiras e Mercados e Asociacionismo Rural, que dirixe Cheri Grandío Pardo, consigna 4.800 euros ao certame; mentres que a autoridade provincial, por medio do departamento de Turismo que encabeza Eduardo Vidal Baamonde, achega outros 8.000 euros.

O deputado afirmou durante a presentación do Festival Internacional de Folclore que a ocasión “é unha gran oportunidade para os veciños de desfrutar de tradicións e costumes foráneas”. Vidal Baamonde convidou a todos os veciños e veciñas de Vilalba a pasar o domingo coa música e a danza propia e foránea.

Durante o domingo coincidirán catro agrupacións de catro países diferentes, amais da participación dos grupos de música folclórica da localidade.

O Grupo de Danzas Magisterio, de Albacete, ten como obxectivo recompilar e difundir todo o relacionado coa música, baile, vestiario, usos e costumes da provincia de Albacete dentro do entorno de folclore do país. O Grupo de Danzas Bakalama de Senegal amosará os costumes da cultura Thionck-Essy.

Os rapaces do conxunto coreográfico Ecos da Montaña de Daguestán basearán o seu repertorio no lezginka, o espírito marcial deste pobo caucásico, representado con tambores, zurnas e frautas. E da parte de Colombia, a compañía artística Crea Danza, exemplo do baile autóctono da rexión; dende 2003 manteñen viva a tradición cunha mestura entre o antigo e as danzas contemporáneas. 

A Asociación Xuvenil Entre Lusco e Fusco, a Asociación Cultural de Andrade e a Escola de Movemento son os grupos de baile de folclore galego que deleitarán aos veciños coas costumes e cultura galega.

A xornada desenvolverase este domingo a partir das 19.30 horas, cando os grupos participarán nun desfile con saída na Praza da Constitución. A comitiva, de arredor de 300 persoas, pasará polas Rúas Basanta Silva e rúa de Pravia. Media hora despois comezará o festival na Praza da Constitución; en caso de que o tempo non acompañe, as actividades trasladaranse ao Auditorio Municipal Carmen Estévez.

Aproveitando a presentación en sociedade do Festival Internacional de Folclore, o deputado de Turismo lembrou que durante o ano anterior a Deputación adicou 40.000 euros a iniciativas culturais en Vilalba. Entre outras, quixo salientar o as actividades do IESCHA, o Festival bandas e concertos, así como a colaboración con asociacións do Concello, a celebración de magostos, cursos de pandeireta ou baile tradicional, curso de fotografía dixital e Photoshop

ÚLTIMAS

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...