InicioCulturaCando Lugo pariu a primeira edición en galego de Mafalda

Cando Lugo pariu a primeira edición en galego de Mafalda

A principios dos 80, o mindoniense Ramón Reimunde e Xoán Ramón Díaz, de Lugo, traduciron ao galego para a editorial Souto as célebres viñetas de Quino, falecido hoxe

PUBLICADA O

- Advertisement -

Mafalda avanza polo corredor, leva unha pistola de xoguete: “bang, bang, e bang!”. Daquela Felipe replica: “que é iso de ‘e bang’? Cando viches ti un revólver que diga ‘e’?”. A nena, molesta, devolve a arma: “a quen pode interesar-lle xogar aos vaqueiros con Ricardo Carballo Calero!”.

O debuxante arxentino Quinofalecido este mércores aos 88 anos, referíase na viñeta a outra autoridade académica, José María Pemán, pero no 1984, a un mindoniense, Ramón Reimunde, e a un lucense, Xoán Ramón Díaz, pareceulles acaído facer unha chiscadela-homenaxe ao intelectual ao que este ano se lle dedican as Letras.

A LIBRARÍA SOUTO, REFERENCIA CULTURAL LUCENSE

Baixo o impulso da editorial Souto, xurdida da libraría lucense do mesmo nome, hoxe pechada, Reimunde e Díaz encargáronse da primeira tradución ao galego da célebre serie de banda deseñada, un referente cultural a nivel internacional malia que o autor publicou pouco máis dunha década, desde 1962 -primeiro para publicidade, a partir do 1964 con entidade propia- ata 1973.

“Se non me equivoco a idea xurde de Luís del Valle, que andivera comigo na mariña mercante”, explica Reimunde, daquela profesor de lingua galega en Lugo, hoxe afincado en Alfoz. O docente e literato mindoniense encargouse da parte lingüística e Xoán Ramón Díaz, xornalista, tamén escritor e debuxante cómico, de trasladar o fío narrativo e o humor das viñetas, “desde ese punto Quino, que non é de facer rir, senón sorrir”, engade. Toda a reportaxe en Xornal da Mariña.

 

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...