InicioCulturaA caravana do 'Camiño Escena Norte' para este domingo no Auditorio Gustavo...

A caravana do ‘Camiño Escena Norte’ para este domingo no Auditorio Gustavo Freire de Lugo con ‘Talvez soñar’

PUBLICADA O

- Advertisement -

A caravana da segunda edición do festival ‘Camiño Escena Norte’ parará este domingo en Lugo, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, coa obra ‘Talvez Soñar’, da compañía cántabra Fío Producións.

Tal e como informa a organización, a función será ás 20,30 horas e as entradas son gratuítas, previa retirada a través da web www.entradaslugo.es.

A obra ‘Talvez soñar’, que xa foi representada este sábado en Mondoñedo, é unha “lúdica exploración do universo feminino” de William Shakespeare a través das súas soadas obras ‘Hamlet’, ‘Otelo’ e ‘O mercador de Venecia’.

Tras a deste domingo, o ‘Camiño Escena Norte’ levará a outros municipios lucenses distintas representacións. A próxima será ‘A loka historia de Frankenstein’, da asturiana ACAR Teatro do Mundo, que se representará o vindeiro venres, 25 de setembro, en Ribadeo.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...