Xa me sentín afortunado a primeira vez que falei por Instagram con el, moito máis cando as nosas conversas se converteron en frecuentes, e moitísimo máis agora que teño a oportunidade de ser probablemente unha das primeiras persoas que entrevistan ao Primo de Bansky, este artista anónimo que dende hai uns anos é un absoluto referente da arte urbana en Lugo.
Aproveito a ocasión para darlle as grazas por concederme todos estes privilexios e lánzome a tratar de descubrirvos, pero sobre todo de descubrir eu mesmo, todo o que aínda non sei sobre este oculto xenio lucense.
GUIDO: Bo día, compañeiro. Que pracer poder estar falando contigo para o Lugo Xornal
PRIMO DE BANSKY: Bo día Guido e grazas a ti polo teu compromiso coa arte urbana.
G: A miña primeira pregunta vai en relación ás túas orixes: de onde es? Onde naciches, onde medraches, cal é a túa relación con Lugo e con Galicia? Como consideras que inflúe a nosa cultura local na túa obra?
PdB: Como un non é de onde nace se non de onde pace, direi que son de Lugo de toda a vida. O contexto social e cultural inflúe nos individuos de maneira decisiva, ás veces incluso sen notalo. É como o acento, está aí lembrándoche quen es e de onde.
G: Cales son os teus lugares favoritos de Lugo? Por que razón?
PdB: É un privilexio poder pasear polo adarve dunha muralla romana, e nos témolo. O parque de Rosalía, A Tinería, o Campo Castelo, a Praza do Mercado… Lugo é unha cidade para gozala, chea de recunchos e de encantos.
“comunicarse coa xente a través dos muros foi sempre a maneira máis directa de chegar ao pobo”
G: Que opinas sobre o barrio do Carme, esa gran xoia histórica e natural entre a Muralla e o Miño? Tes pensado facer algo nel? Que cres que se podería facer para sumar na posta en valor do barrio?
PdB: O barrio do Carme, como ben dis, é outra xoia que habería que conservar. Creo que a administración debería deixar en mans de xente cualificada que facer. Gustaríame un proxecto que incidira na preservación da contorna e aproveitar as posibilidades que ofrece, turísticas e naturais.

G: Gustaríame tamén saber de onde ven a túa relación coa arte, que me contes algo sobre a túa traxectoria (o que poida saberse) e como comezou a etapa como artista de rúa
PdB: Teño educación artística. Co tempo dáste conta de que te coacciona e te condiciona a túa liberdade creativa, polo que en certa medida convén desprenderse do seu corsé.
Sempre sentín atracción pola arte urbana. Gustábame desfutar dos museos que ofrecen os muros das rúas das cidades. De súpeto espertei, atopeime con ganas de actuar, de comunicarme coa xente a través dos muros, como sempre foi desde tempos remotos e como sempre será, a maneira máis directa de chegar ao pobo.
“Gústame a sátira, a metáfora e a crítica no espazo público”
G: Que opinas sobre o álxido momento da arte urbana en Lugo? Gústache o graffiti tradicional? Cales son os teus artistas favoritos da cidade?
PdB: Sempre que se fale do álxido momento da arte debemos sentirnos compracidos. A cultura é o triunfo das sociedades máis avanzadas e como tal debemos celebralo.
Se por tradicional te refires ao grafiteiro activista, provocador, que busca axitar conciencias a través da ironía e da poesía, si, é o que me gustaría. Gústame a sátira, a metáfora e a crítica no espazo público, por iso son un gran admirador de Leandro Barea, un dos grandes, non só de Lugo, ea! Corona e Vanda Lugo teñen cousas ben guapas tamén polas rúas.
G: Cres que a arte urbana debe gañar máis espazos na cidade? Cales e por que?
PdB: Este é un tema complexo. Primeiro habería que saber que entendemos por arte urbana, ou que tipos da mesma coexisten nas cidades. Non é o mesmo un escritor que un muralista ou que un grafiteiro. Imaxino que te refires neste caso ao muralismo, porque é precisamente o muralismo o que está a gañar eses espazos nas cidades, cos festivais e demais. Hai grandes muralistas en Galicia e en Lugo, por suposto. Están Otro Prisma e Concepto Circo, que están a dar un paso moi importante cara á profesionalidade do sector e tamén xerando unha gran oportunidade dándolle visibilidade aos artistas urbanos. Pero eu estou noutra dinámica.

G: Como ves o movemento de arte de rúa que existe a nivel mundial? Cres que está a chegar a un cumio ou, polo contrario, que isto acaba de comezar?
PdB: Como xa dixen non é un tema doado, hai un gran debate sobre isto. Evidentemente a arte urbana está a sufrir unha evolución lóxica, proliferan as feiras e festivais. Os artistas urbanos tamén se incorporan aos novos museos do século XXI. Creo que habería que comezar a reformularse esta normalización da arte da rúa e a capitalización do espazo público por parte das institucións, como unha involución. Aínda que tamén creo que un artista ten que vivir no tempo que lle toca, e agora toca este. Ves?, o tema non é doado.
“no meu proxecto artístico non entra a venda ou a exposición en galerías, senón as rúas como museo”
G: Como vive o lucense Primo de Banksy? Adícaste exclusivamente á arte ou combínalo con algunha outra actividade?
PdB: Vivimos nun país que basta con botar unha ollada a un telexornal na televisión para decatarse de que a cultura, a arte en xeral, non interesa. Os minutos que se lle dedican ao futbol e á poesía nun telexornal ofrecen unha valoración moi clara do que pasa na nosa sociedade. Dedicarse á arte exclusivamente neste país é unha materia difícil, por non dicir imposible. Eu teño un traballo que me permite vivir sen depender da arte. Por outra banda, no meu proxecto artístico non entra nin a venda, nin a exposición en galerías, senón as rúas como museo, a desmercantilización e a democratización da arte, unha arte para todas. Evidentemente, se tivese que vivir da miña arte debería reformular o meu proxecto. Vivimos tempos salvaxes e incongruentes.

“Calquera cidade posúe moitos espazos que están AGARDANDO as pegadas dos artistas. A súa crítica, provocación, egos, poesía…”
G: Sei que es unha persoa viaxeira, que tes obras en máis dun país e en moitas cidades diversas… Cales son os teus plans, xeograficamente falando, para o futuro próximo?
PdB: Vou seguir intentando comunicar coa xente a través dos muros e dos espazos públicos das cidades. Calquera cidade, calquera pobo, todos posúen unha gran riqueza de espazos que están aí, agardando as pegadas dos artistas para comunicar a súa crítica, provocación, egos, desencantos, burlas, crispación, sátira, poesía, insatisfacción… Os muros son o gran libro aberto dunha sociedade.
G: É un grande pracer falar contigo! Ogallá moitas veces máis
PdB: Oxalá! Un pracer volver a falar contigo. Moitas grazas por dar espazo a nosa voz.
Bueno Guido, dices que es un artista anonimo, y siento decepcionarte, pero no es ni una cosa ni la otra, en mi opinion.
Artista podría llegar a serlo, si sus “obras” no ensuciasen en patrimonio de los Lucenses. Existen otros “lienzos” en donde ponerlas, sin dañar los lugares publicos.
Y lo de anonimo, pues como que tampoco es cierto… Quizás el se crea que es anonimo, pero te puedo asegurar que no es así.
Un saludo
Hola Antón, soy Guido, te digo mi visión sobre lo que comentas: si es artista o no por supuesto es algo debatible. Yo considero que si lo es. Lo de su anonimato… yo sólo conozco a una persona que le conoce, no tengo idea de quién es y no conozco a nadie que le haya puesto cara, nombre o apellidos.
Respecto a lo de “ensuciar el patrimonio de los lucenses” me gustaría que me digas donde ves que haga eso… todas sus obras están en lugares degradados o en lugares donde suman (como en Casa da Muller o como su última obra en la Praza do Ferrol).
Desde mi experiencia como guía puedo decirte que sus obras son apreciadas e incluso admiradas tanto por la población local como por los visitantes y viajeros… pero por supuesto cada uno es libre de tener su opinión
HOla Guido, gracias por tu contestacion.
Efectivamente el arte es opinable. Para mi, lo que hce él, no es arte, ya que se dedica a aplicar en las paredes una especie de papel pintado con anterioridad, lo cual ha hecho de alguna forma, tanto artistica como tecnologica, no lo se, pero no tiene el mismo merito que si lo hubiese pintado en “fresco”. Otra de las cosas que no me gustan de él (sin animo de ofender a nadie), es que está copiando un estilo e incluso apropiandose de una “marca”, como es Banksy, y yo eso no lo apruebo.
En cuanto a lo de Ensuciar”, que he dejado en mi comentario, decirte que ha pegado alguno de sus dibujos en el Patrimonio Municipal (Edificio de la Antigua Carcel, o casa junto a la Muralla), de donde los han retirado, ya que ese patrimornio está protegido. Por lo tanto no ha acertado en esas ocasiones. Existen miles de muros horribles, que podría utilizar.
Y por ultimo, su anonimato. Que te voy a decir…. Yo se quien es, y supongo que mucha mas gente lo sabrá…. Ni es mi intencion desenmascararlo, ya que él prefiere no hacerlo, pero creo que anonimo – anonimo, pues como que no es…
Mil gracias de nuevo por tu respuesta y mucha suerte con este medio digital, que yo personalmente descubrí recientemente. Un saludo
Hola de nuevo, Antón. Un placer conversar, me parece de lo más enriquecedor que puede surgir tras escribir un artículo 🙂
Yo si le veo mérito artístico, y sobre todo tino, ya que la mayor parte de sus obras suelen dar que hablar. Eso me parece algo significativo e interesante.
Lo de la apropiación de la marca es una discusión que surge a menudo, o al menos a mi me ha tocado estar en alguna. Personalmente yo creo que no lo hizo ni lo hace… él empezó a plasmar sus obras en los muros de la ciudad de manera anónima… y si la versión que yo tengo no es falsa, fueron los medios de comunicación los que le pusieron ese apodo de “Primo de”. A parte de eso él es anónimo y no veo que tenga afán lucrativo, por lo cual no habría “marca”… no?
Lo que dices sobre los lugares, si, te doy la razón en que no todos los lugares valen. Yo el de “O Vello Cárcere” no llegué a verlo en directo, no sé dónde lo había hecho… Pero está claro que hay que saber elegir los lugares. En principio casi todos los sitios donde ha pintado, me han gustado… pero quizás se me escapa alguna excepción.
El tema del anonimato ya te digo, yo no tengo ni idea de quien es, y salvo una persona en común que tenemos, no conozco a nadie que le conozca.
Gracias a ti por tu comentario y por seguir a Lugo Xornal, yo empecé a colaborar con este medio cuando nació y la verdad es un placer… hay gente muy muy interesante en este equipo y me siento afortunado de que cuenten conmigo 🙂 Un abrazo!
Me alegra que haya buena gente en el equipo de Lugo Xornal, y el hecho de que se pueda charlar con el autor de un articulo, aunque tengamos alguna discrepacia, dice mucho de él.
Desde luego para mi ha sido un descubrimiento reciente, y desde entonces lo leo a diario, aunque nunca había comentado ningun articulo, pero trataré de aportar lo que buenamente pueda a ellos.
Un saludo, Guido, y tambien al resto del equipo.