InicioCulturaFalece a poeta mariñá Luz Pozo Garza, voz esencial da literatura galega

Falece a poeta mariñá Luz Pozo Garza, voz esencial da literatura galega

A escritora, nada en Ribadeo, viviu varios anos na cidade de Lugo. Foi membro da Real Academia Galega, a segunda muller en ocupar unha cadeira no seu pleno e a primeira en ter funcións na dirección. A súa extensa obra serve agora para revivir unha poeta moi apegada á súa terra.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A poeta Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo no 1922, finou este luns na Coruña, a cidade na que residía desde finais dos anos 80. A súa é unha das voces esenciais das letras galegas da segunda metade do século XX, segundo remarcou a Real Academia Galega (RAG) nun comunicado. A escritora foi recoñecida como Filla Predilecta do municipio ribadense Filla Adoptiva de Viveiro, onde a Escola Oficial de Idiomas (EOI) leva o seu nome.

Pozo Garza pasou a Guerra Civil entre Lugo (instalada no mesmo edificio ca Luís Pimentel) e Marrocos, seguindo canda a súa nai o pai, que fora encadeado pola súa condición de militante republicano. Aqueles anos deixaron unha fonda pegada na escritora, que perdeu na fronte o único irmán que tantas veces lembraría.

Podes ler a información completa no Xornal da Mariña.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...