InicioCulturaCancelado o FIV de Vilalba, previsto para o 24 e 25 de...

Cancelado o FIV de Vilalba, previsto para o 24 e 25 de abril

O Concello decidiu suspender este evento por mor da pandemia do coronavirus. Algúns dos artistas confirmados eran Zahara, Novedades Carminha ou Xoel López.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello vilalbés decidiu suspender a XIII edición do FIV de Vilalba, programado para os días 24 e 25 de abril, debido á crise sanitaria derivada da pandemia do coronavirus.

Nun comunicado remitido aos medios, o Consistorio lamenta a cancelación desta “cita de referencia” dentro do circuíto de festivais a nivel estatal e que nesta edición contaba con artistas como Xoel López, Zahara, Ortiga, Novidades Carminha, Magical Colors e Begun DJ Set.

A organización explicou que o importe dos abonos xa adquiridos polo público será integramente reembolsado ao comprador pola mesmo canle pola que efectuou a súa compra. Ademais, no caso de dúbidas, os interesados poderán escribir un e-mail a ataquilla@afundacion.org.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...