InicioCulturaO Arde Lucus busca crear vínculos coa China en Fitur

O Arde Lucus busca crear vínculos coa China en Fitur

O Concello proxectará un vídeo promocional editado en cinco idiomas, entre eles o chines. Procuran "incrementar a pegada" de Lugo neste país co que manteñen un irmandamento de Murallas dende o 2007.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A cidade da Muralla xa comeza a súa andaina de preparación para unha nova edición do Arde Lucus. Castrexos e romanos tomarán as rúas o último fin de semana de xuño, pero o traballo comeza moito antes. E, neste caso, en Madrid. Alí estase a celebrar Fitur 2020, a gran feira de turismo internacional. Representantes do Concello acudiron á capital estatal para presentar o Arde Lucus e procurar unha maior proxección internacional. 

Este xoves 23 de xaneiro, a alcaldesa, Lara Méndez, e a edil de Xuventude, Ana González Abelleira, presumirán desta festa xa catalogada de Interese Turístico Nacional. Farano a través dun vídeo promocional editado en cinco idiomas: galego, castelán, inglés, francés e chinés. O obxectivo non é outro ca o de “atraer turismo estranxeiro” e incrementar a “pegada” de Lugo na China, “país co que nos unen moi boas relacións derivadas do irmandamento entre Murallas que mantemos dende o 2007″.

Ana González Abelleira cualificou Fitur como “un escaparate inmellorable” para dar a coñecer esta celebración. Proxectarase un vídeo baseado en imaxes reais, gravadas na propia cidade. “Reflicte á perfección o espírito e a esencia destas festas”, comentou a edil de Xuventude.

CAMPAÑA ‘LUGO KM 100’  E ‘PARA COMER, LUGO’

O Concello de Lugo tamén promocionará en Madrid a campaña ‘Lugo km 100’, coa que se pretende poñer en valor a cidade e os diferentes Camiños de Santiago que discorren polo termo municipal.

Pola súa parte, a Deputación de Lugo presentará a campaña ‘E para comer, Lugo’, da Asociación de Hostaleiros.

ÚLTIMAS

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...

Investigan catro veciñas de Vilalba por presunto delito de furto

A Garda Civil investiga a tres veciñas de Vilalba (Lugo), de...

A Deputación e empresarios da provincia abordan alianzas entre Galicia e Uruguay

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e empresarios abordaron alianzas estratéxicas entre...