InicioCulturaO legado da Xeración Nós chega a Lugo para celebrar o centenario...

O legado da Xeración Nós chega a Lugo para celebrar o centenario da súa revista

O Ateneo Galeguista de Lugo organiza unha táboa redonda o vindeiro venres 17 de xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación cultural Ateneo Galeguista de Lugo inicia as celebracións polo centenario do nacemento da revista Nós. Faino cunha táboa redonda que leva por título ‘O legado da Xeración Nós’.

O encontro está previsto para o vindeiro venres 17 de xaneiro, ás 18:30 horas, no salón de actos da Biblioteca Nodal de Lugo. Nel participarán cinco homes relacionados coa herdanza dos escritores que conformaron o grupo Nós.

En concreto, son Miguel Anxo Seixas Seoane, vicepresidente da Fundación Castelao; Luis Martínez-Risco Daviña, presidente da Fundación Vicente RiscoJuan Luis Saco Cid, presidente da Fundación Otero PedrayoLuis González Tosar, membro do Padroado da Fundación Losada Diéguez; e Jose María Eguileta Franco, arqueólogo estudoso da figura de Florentino López Cuevillas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...