InicioCulturaTeatro infantil para reflexionar: as nenas e nenos poden (e deben) aburrirse

Teatro infantil para reflexionar: as nenas e nenos poden (e deben) aburrirse

O auditorio Gustavo Freire de Lugo acolle a obra 'Patapatúm', unha representación de Elefante Elegante que se alzou co Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil do 2019.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A obra de teatro ‘Patapatúm‘, premio María Casares ao mellor espectáculo infantil do 2019, chega esta fin de semana ao auditorio Gustavo Freire de Lugo. É unha representación de Elefante Elegante na que se reflexiona sobre ese costume de encher o tempo dos nenos con xoguetes e bens materiais.

O espectáculo, previsto para este domingo 12 de xaneiro ás 18:30 horas, é unha obra de teatro mudo no que cobran moita relevancia os xestos e maila música. Así, Elefante Elegante faranos pensar se realmente é positivo querer manter os cativos entretidos todo o tempo. O aburrimento, se cadra, tamén pode ser clave para que desenvolvan a súa creatividade. Eses obxectos e agasallos funcionan como xogo ou como resposta á falta de tempo que teñen os pais para dedicarlle aos seus fillos? Esas e outras cuestións virán á cabeza ao longo desta obra familiar, sostida nun ton cómico.

As entradas para ver ‘Patapatúm’ pódense conseguir na páxina que o Concello habilita para tal mester, na Oficina de Turismo ou no propio Auditorio Gustavo Freire. O seu prezo é de tres euros.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...