InicioCulturaVilalba premia as tres fotos que mellor recollen o significado do Nadal

Vilalba premia as tres fotos que mellor recollen o significado do Nadal

Miriam López Novoa fíxose co primeiro premio grazas á súa foto 'Desexa soñando'. En total, o Concello outorgou 450 euros en galardóns.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Vilalba desvelou onte, 8 de xaneiro, as imaxes gañadoras do I Concurso de Fotografía ‘Nadal en Vilalba’. Miriam López Novoa, Rocío Arnesto Prestes e Ana Paredes Rodríguez fixéronse cos galardóns -que incluían unha dotación económica- grazas a unha instantáneas que representaban o significado do Nadal.

Familia, amizade, fogar, soidade, compaña, agasallos, símbolos, paisaxes, pobo, pertenza, lugares… Estas festas evocan emocións diferentes a cada persoa. Dende o Concello de Vilalba, e a través da súa Concellería de Cultura, animaron a que os veciños plasmaran eses sentimentos nunha fotografía.

A imaxe ‘Desexa soñando’, de Miriam López Novoa, alzouse co primeiro premio (200 euros). Rocío Arnesto gañou o segundo premio (150 euros) coa súa foto ‘A xeada que anuncia o fogar’ e, finalmente, Ana Paredes venceu na categoría de Facebook (premiada con 100 euros) grazas á súa instantánea ‘Pelucidades’.

O xurado que vén de emitir o fallo estivo composto por Beatriz Souto Díaz, de familia de fotógrafos, especializada en fotografía artística e publicitaria;  Yolanda Purriños, de Purriños fotógrafo; e Raquel Anido, fotógrafa e realizadora en audiovisuais, especializada en vídeo e montaxe.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...