InicioCulturaMúsica clásica para restaurar os órganos da Catedral

Música clásica para restaurar os órganos da Catedral

A Catedral de Lugo acollerá este venres 10 un concertos para concienciar sobre a necesaria restauración dos órganos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Catedral de Lugo acollerá este venres, día 10 de xaneiro, o segundo dos concertos en favor da restauración dos órganos catedralicios. A actuación está prevista a partir das 20.30 horas.

Segundo informou o Bispado de Lugo, o concerto estará protagonizado polo organista italiano Giulio Mercati, acompañado do coro lucense ‘Solo Voces’, dirixido por Fernando Jácome. Nel, poderán escoitarse pezas de Mendelssohn, Brahms, Bach ou Fauré.

Esta iniciativa ten como finalidade sensibilizar sobre a “necesaria restauración, recuperación e conservación” dos órganos da Catedral de Lugo, e a “consecuente busca de fondos para levar a cabo a intervención”. A entrada será libre e gratuíta.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...