InicioCulturaA alcaldesa di que quere abrir "canto antes" o Auditorio de Lugo,...

A alcaldesa di que quere abrir “canto antes” o Auditorio de Lugo, rematado hai tres anos

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, asegurou este venres que quere abrir "canto antes" o novo auditorio, unha infraestrutura rematada fai tres anos, en 2016, pola Xunta de Galicia e que está pendente de asumir o Concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, asegurou este venres que quere abrir “canto antes” o novo auditorio, unha infraestrutura rematada hai tres anos, en 2016, pola Xunta de Galicia e que está pendente de asumir o Concello.

“O tempo vén corroborar o que viñamos dicindo desde xuño, porque nós lle pedimos á Xunta que nos pasase toda a documentación en aras de tentar axilizar isto o máximo posible”, comentou a rexedora.

“O maior interese que temos nós na defensa dos intereses da cidade de Lugo é ter canto antes o auditorio aberto para poder gozar desta infraestrutura, e en xuño xa lle lembramos á Xunta que nos pasase toda a documentación“, abundou Méndez.

Entre esa documentación o que reclama o Concello de Lugo é o “modificado” (do Auditorio) para poder verificar, corroborar e darlle o impulso definitivo”. “De feito este mesmo martes a Xunta rexistrou catro CDs onde vén o modificado realizado en 2012 que é o que agora os técnicos teñen que comprobar e unha vez feito este traballo aprobar en xunta de goberno este modificado, trámites que nós trataremos de axilizar”, comprometeu.

Así mesmo, Méndez subliñou que “o feito de que a Xunta rexistrase ese catro CDs (de modificado) vén ratificar o que viñamos dicindo desde xuño”, aclarou para engadir que “en toda grande obra, todo gran proxecto moitas veces desde o proxecto inicial ao final hai modificados, por cuestións técnicas, ou por imprevistos que van xurdindo”.

“Que haxa un modificado é normal dentro dunha obra dese calado, iso entra dentro da normalidade e é o que lle estabamos pedindo á Xunta, sendo conscientes de que había ese modificado de 2012 e era o que se lle estaba pedindo. Nós temos o proxecto inicial e o modificado non, e temos que corroborar que o que hai a día de hoxe se adapta con ese proxecto modificado para darlle o OK”, recalcou.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...