InicioCulturaO triunfo do cinema con raíces meiregas

O triunfo do cinema con raíces meiregas

Eloy Enciso gañou o Boccalino d'Oro á mellor dirección no Festival de Locarno. Fíxoo coa súa película 'Longa noite', que retrata unha historia da posguerra lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cineasta Eloy Enciso (Meira, 1975) foi galardoado co Boccalino D’Oro ao mellor director pola súa película Longa Noite, un premio concedido pola Asociación da Crítica de Cinema Independente na 72 edición do Festival de Locarno de Suíza.

A súa aposta foi unha historia da posguerra lucense que gustou ao xurado do festival porque axuda a “sacar á luz os perpetuos mecanismos de opresión e dominación”. Gravada entre Lugo e Pontevedra, esta longametraxe non remata aínda o seu camiño. Dende Meira -berce do director- ata Locarno, para logo pegar un chimpo ao outro lado do Atlántico. E é que Longa noite tamén se proxectará proximamente no Festival de Toronto e no de Nova York.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...