InicioCulturaUn xornal autoxestionado, o novo proxecto de prensa local en Lugo

Un xornal autoxestionado, o novo proxecto de prensa local en Lugo

Unha campaña de micromecenado busca financiación para botar a andar Pensa Lugo, un medio de comunicación cuxos eixes son o feminismo, a ecoloxía e a inclusión. Nacido ao abeiro do movemento asociativo, tratará temas que quedan á marxe dos medios convencionais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Pensa Lugo é o nome dun novo medio de comunicación para a cidade e a súa contorna. Trátase dun xornal xurdido ao abeiro do movemento asociativo lucense e que procura ser autoxestionado. Por iso, as súas creadoras veñen de poñer en marcha unha campaña de micromecenado que lles permita non depender de subvencións institucionais.

“Pensamos que é posible crear un novo medio sen intereses económicos, que dea voz aos sectores máis silenciados”, explican. Entre eses ámbitos máis agochados, destacan a cultura local e o deporte feminino de Lugo, por exemplo, cuestións ás que han prestar atención neste novo proxecto.

Un xornalismo pausado baseado no feminismo, a ecoloxía e a inclusión. Esa é a idea sobre a que xirará Pensa Lugo, que se publicará bimensualmente, aínda que a súa intención é ir acurtando esa periodicidade. O obxectivo é afondar naqueles asuntos que quedan á marxe nos medios convencionais, ben pola temática ou ben polas esixencias da inmediatez informativa.  Ademais de publicar estes contidos en papel, tamén prevén facelo nunha páxina web.

ÚLTIMAS

Besteiro urxe á Xunta que poña o foco na saúde mental da provincia de Lugo, onde hai “dous suicidios á semana” de media

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, advertiu este xoves en Lugo da...

O goberno de Lugo reclama ao presidente da Xunta máis investimentos que os anunciadas o luns tras o Consello

A portavoz do PSOE no goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, volveu a...

Novos desprendementos nos xulgados de Lugo por filtracións de auga

As filtracións de auga no edificio dos xulgados de Lugo continúan causando estragos con...

O PP sinala a Arroxo por aproveitar a ausencia do alcalde para pagar sancións por verteduras

O Partido Popular de Lugo acusou ao tenente de alcalde nacionalista, Rubén Arroxo, de...