InicioCulturaConfirmada a actuación de Def con Dos no San Froilán malia as...

Confirmada a actuación de Def con Dos no San Froilán malia as críticas do PP

O PP insiste en que este concerto non se debe pagar con diñeiro público, porque responde a "criterios políticos ou de simpatía". O BNG, pola súa parte, cre que este tipo de polémicas son máis propias de Arabia Saudita ou Turquía ca de países da UE

PUBLICADA O

- Advertisement -

O primeiro tenente de alcalde do Concello de Lugo, o nacionalista Rubén Arroxo, confirmou este luns que Def con Dos actuará nas festas de San Froilán o próximo outubro.

A contratación deste grupo con raíces en Vigo, aínda que asentado en Madrid, foi criticada polo Partido Popular. O vocalista do conxunto fora condenado por apoloxía ao terrorismo, así que os populares esixen que non se pague con diñeiro público o seu concerto.

Respecto diso, o BNG -que ten as competencias de cultura no Consistorio- lembrou que “tanto os representantes do Partido Popular como de Ciudadanos en Madrid votaron a favor de que actuase Def con Dos (en Madrid)”. O problema veu cando “chegou Vox ao concello e acto seguido se situaron nas teses ultrarradicais de Vox”. O resultado non foi outro que a cancelación da actuación prevista.

O PP “agora oponse a que un grupo de música poida tocar por uns tuits do seu cantante sobre Carrero Blanco”, engadiu, antes de advertir de que “iso é algo que pasa en Arabia Saudita ou en Turquía, pero que non pasa en ningún país da Unión Europea“. “Parece que no estado español, o PP e Ciidadanos asumen as posturas de Vox para levar a cabo este tipo de cuestións” ou vetos, criticou Arroxo.

Desde o Partido Popular, o seu portavoz, Ramón Carballo, denunciou que “non ten sentido que se contrate a un grupo practicamente por criterios políticos ou de simpatía” antes de se crear a comisión de festas. Aínda que matiza que o seu grupo non se opón a que actúe Def con Dos en Lugo, si que reproba que se “pague con diñeiro público a un grupo cun cantante condenado por enaltecemento do terrorismo e humillación das súas vítimas”.

Unhas declaracións, coa confirmación da presenza do grupo de Vigo, que se producían antes dun pleno de “trámite” onde, entre outros asuntos, víanse distintas compatibilidades dalgún dos 25 concelleiros da corporación municipal.

ÚLTIMAS

A Xunta inicia unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida, en Navia de Suarna

A Xunta de Galicia iniciou unha nova campaña arqueolóxica no Castro do Teso da Ermida,...

O PP de Lugo reclama unha aposta “decidida e exemplar” polo Servizo de Axuda no Fogar

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo esixe ao goberno local unha aposta...

Investigan o suposto maltrato dun fillo ao seu pai ancián en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo iniciaron dilixencias para esclarecer un posible caso de violencia...

Identificado un ‘taxista pirata’ que facía traslados ilegais desde o HULA e ao que interveñen varias armas prohibidas

A Garda Civil identificou a un veciño de Lugo de 31 anos de idade, e con...