InicioCulturaO programa 'Cultura no Camiño' dinamizará unha vintena de concellos lucenses este...

O programa ‘Cultura no Camiño’ dinamizará unha vintena de concellos lucenses este verán

Cada un dos municipios participantes percibe 2.500 euros para financiar actuacións de música, danza, teatro ou maxia ata o vindeiro 30 de setembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Cultura e Turismo pon en marcha un ano máis o programa ‘Cultura no Camiño’. Farao nunha vintena de concellos da provincia de Lugo por onde discorren diferentes rutas xacobeas. Nesas localidades gozarán de actuacións escénicas e musicais ata o 30 de setembro co obxectivo de dinamizar a contorna.

O proxecto ‘Cultura no Camiño’ supón un total de 50.000 euros en subvencións, segundo explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. Esas axudas -que asumen tanto a Administración autonómica como as entidades locais- están orientadas a financiar espectáculos de teatro, danza, música, novo circo ou maxia. No caso concreto da provincia de Lugo, cada concello participante percibe unha suma de 2.500 euros.

A programación estenderase por municipios polos que pasa o Camiño Norte (Mondoñedo, Guitiriz, Begonte, Vilalba, Trabada, Barreiros e Ribadeo) ; o Camiño Primitivo (A Fonsagrada, Guntín, Castroverde, Friol e Baleira); o Camiño Francés (Paradela, Palas de Rei, Sarria e Portomarín); e o Camiño de Inverno (Quiroga, Monforte de Lemos, Chantada e Pantón).

As actividades de cada un destes lugares virán configuradas polos responsables da área cultural de cada municipio. Deberano face ren base ao catálogo de www.galescena.gal, o portal da Xunta para a xestión de espectáculos.  Desta maneira, o proxecto procura manter o seu propósito de dinamizar as localidades do Camiño de Santiago nuns meses nos que sobe a afluencia de peregrinos e visitantes.

ÚLTIMAS

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...

O Concello de Lugo reclama á Xunta a recuperación inmediata do antigo cuartel de San Fernando

O Concello de Lugo reclamou á Xunta que execute de inmediato a recuperación do...

A Deputación de Lugo impulsa unha campaña para apoiar ás familias na volta ao cole

A Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio lanzaron este venres na...