InicioCulturaUn ciclo de conferencias coma aperitivo antes do Arde Lucus

Un ciclo de conferencias coma aperitivo antes do Arde Lucus

O Concello coa colaboración da Cohors III Lucensium preparou un ciclo de charlas que comeza este venres, e que continuará o vindeiro luns, martes e mércores – Todas elas terán lugar ás 20:00 horas no Vello Cárcere

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este luns, representantes do Concello de Lugo e da asociación histórica Cohors III Lucensium presentaron a programación de conferencias que servirá de introducción para o Arde Lucus. A concelleira de Cultura, Carmen Basadre, definiu este ciclo de faladoiros como o “colofón” do Arde Lvcvs Cvltvral, medio cento de actividades que achegaron a tradición romana e castrexa aos lucenses durante os últimos tres meses.

No acto que albergou o Vello Cárcere, o presidente da asociación Cohors III Lucensium, Miguel Alvelo, celebrou a colaboración do executivo local en canto á cesión de espazos de exposición e a promoción cultural histórica. Tamén estivo presente o arqueólogo municipal, Enrique Gonzalez, encargado do ciclo Desenterrar o Pasado. Un percorrido pola arqueoloxía de Lugo, e representante do Concello nas xornadas sobre a pegada romana tanto na cidade coma no exterior.

O ciclo de conferencias engloba 4 faladoiros. Comezará este venres, 8 de xuño, cunha charla sobre gandería, caza e animais de compañía na Galicia romana. O Licenciado e Doutor en Xeografía e Historia na Universidade de León, Carlos Fernández Rodríguez, será o encargado de inaugurar este programación.

A vindeira terá lugar o luns, 11 de xuño, a cargo do arqueólgo Xurxo Ayán, contará as memorias dun esquelete, centrándose na etnoarqueoloxía no camposanto medieval do Castro de San Lourenzao en Cereixa, situado na Pobra do Brollón.

Un día despois, o martes 12, será a quenda de Rafael María Rodríguez Martínez, quen falará sobre o xacemento da Lanzada, en Sanxenxo.

O ciclo pecharase o mércores, 13 de xuño, da man da ex arqueóloga municipal, Covadonga Carreño, cunha poñencia sobre a primeira praza pública de Lugo: O Foro Romano.

Todas as conferencias terán lugar ás 20:00 horas no Vello Cárcere. A entrada é libre ata completar cabida.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...