InicioCulturaLugo, "capital española do cómic histórico"

Lugo, “capital española do cómic histórico”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo acollerá entre os días 25 de abril e 5 de maio o II Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia, unha cita que congregará os mellores ilustradores galegos e que converterá á capital lucense, segundo os promotores deste evento, na “capital española do cómic histórico” por segundo ano.

Esta nova edición do salón do cómic histórico foi presentada pola deputada de Promoción Económica, Sonsoles López Izquierdo; acompañada polo director artístico, Manel Cranio, e o ilustrador Javier Montes.

Este segundo Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia está organizado pola editorial especializada en cómico Demo Editorial e polo portal web Historia de Galicia, aínda que tamén colaboran a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, co patrocinio da Deputación.

O programa inclúe proxeccións, talleres de debuxo para nenos — habería que apuntarse en http://historiadegalicia.gal/ii-encontro-banda-desenada-historica-de-galicia/ –, unha ruta histórica polo Lugo romano –os interesados teñen que rexistrarse en www.rutasdehistoria.com– e unha masterclass sobre “A cor dixital”, impartida por Javier Montes, un ilustrador que traballa para as principais editoriais do sector, como Marvel, DEC, Dargaud ou Le Lombard.

Tamén foron programadas varias conferencias sobre o cómic histórico, que se desenvolverán no Centro de Artesanía e Deseño (Centrad), con Miguel Fernández, Manel Cranio, Javi Montes e José Barreiro como relatores.

Por último, para pechar a programación desta edición, o 5 de maio -a partir das 12:00 horas- na Sala Clavicémbalo proxectaranse películas e documentais sobre o cómic e desenvolverase unha sesión de contacontos históricos, a cargo de Avelino González.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...