InicioMedioambiente e PatrimonioSeis concellos da provincia contan con plans de emerxencia ante situacións de...

Seis concellos da provincia contan con plans de emerxencia ante situacións de seca

Está aberta unha nova convocatoria do programa de axudas da Xunta para desenvolver estes plans. O prazo para solicitarlas remata o 4 de xuño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Seis concellos da provincia de Lugo – Sober, Begonte, Ribadeo, Ribeira de Piquín, Portomarín e O Vicedo – elaboraron plans de emerxencia ante situacións de seca a partir dunha convocatoria de axudas polas que a Xunta de Galicia destinou un total de 73.300 euros nos últimos dous anos.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, lembrou que actualmente está aberta unha nova convocatoria deste programa que xestiona a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a través de Augas de Galicia, e os concellos interesados teñen de prazo ata o vindeiro 4 de xuño para presentar as solicitudes.

Os municipios que accederon ás achegas o pasado ano, segundo informan nun comunicado, foron os de Sober e Begonte, que recibiron 14.000 euros en cada caso; Ribadeo (10.800 euros) e Ribeira de Piquín (14.500 euros). No 2019 recibiron axudas Portomarín e O Vicedo, por importes de 8.000 e 12.000 euros respectivamente.

Estes plans constitúen “os instrumentos básicos de planificación das administracións responsables dos sistemas de abastecemento á poboación para xestionar os episodios de
seca”, informa a Delegación Territorial. Entre outros aspectos, determinan cales son as zonas máis vulnerables en caso de seca e os usos da auga máis relevantes desde o punto de vista económico e social, coa identificación da poboación, dos condicionantes ambientais ou dos principais elementos do patrimonio natural e das actividades estratéxicas que se poderían ver afectados. Tamén indican as medidas de xestión que se adoptarán en caso de necesidade e a previsión dunha subministración alternativa ante situacións de escaseza.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...