InicioSociedadeXulgan ao condutor que deu positivo en alcol tras un accidente mortal...

Xulgan ao condutor que deu positivo en alcol tras un accidente mortal en Pol: enfróntase a 4 anos de cárcere

A Fiscalía acusa ao investigado de homicidio por imprudencia grave pola morte do copiloto, un mozo de 37 anos moi coñecido na zona, e reclama máis de 300.000 euros en indemnizacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sala de vistas do Xulgado do Penal número 1 de Lugo acolleu este xoves a audiencia preliminar polo accidente de tráfico rexistrado en Pol en outubro de 2023 que acabou coa vida do copiloto do turismo sinistrado. O condutor, que se saíu da estrada e chocou contra unha árbore, deu positivo nas probas de alcoholemia e está acusado dun delito de homicidio por imprudencia grave. O xuízo quedou sinalado para o 4 de xuño ás 10.00 horas, e o procesado enfróntase a catro anos de prisión e seis anos de retirada do carné de conducir, penas solicitadas pola Fiscalía. No procedemento tamén estarán presentes dúas acusacións particulares: unha exercida pola parella da vítima e o seu fillo menor, e outra polos pais e o irmán do falecido.

SÍNTOMAS DE CONSUMO DE ALCOL

No escrito de acusación, o Ministerio Público relata que o acusado, ademais de dar positivo nas probas practicadas tras o sinistro, presentaba claros signos de ter consumido bebidas alcohólicas na tarde do 9 de outubro de 2023. Entre eles, detállanse apatía, oscilación na verticalidade do corpo, fala pastosa, halitosis alcohólica, rostro moi arroibado, pupilas brillantes e movemento ocular retardado. A vítima mortal, un home de 37 anos moi coñecido na comarca, sufriu múltiples lesións no impacto que provocaron a súa morte poucos minutos despois do accidente.

SEN ACORDO E CON NUMEROSAS PROBAS

Na vista previa quedou claro que non haberá acordo entre as partes, polo que o xuízo contará coa declaración dun amplo número de testemuñas e coa práctica de varias probas periciais. Ademais da pena de cárcere, reclámase ao acusado o pago de importantes indemnizacións en concepto de responsabilidade civil: 134.379 euros para o fillo da vítima, 107.599 euros para a parella, 48.000 euros para cada proxenitor e 22.790 euros para o irmán. A compañía aseguradora do vehículo, Occident, xa consignou cantidades económicas para os familiares, aínda que inferiores ás reclamadas polas acusacións.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...